Las Vegas

( Las Vegas, Nevada )

Las Vegas (en inglés pronunciado [lɑːs ˈveɪɡəs]) é a maior das cidades do estado de Nevada nos Estados Unidos de América, así como a maior cidade fundada no século XX. Converteuse nun dos principais destinos turísticos do país grazas ás súas zonas comerciais e vacacionais, pero sobre todo grazas ós seus casinos. De acordo co censo de 2000 a cidade tiña unha poboación de 478.434 habitantes. A oficina do censo estima unha poboación de 518.313 habitantes en 2003. Las Vegas foi a capital do condado de Clark desde o nacemento deste en 1909. Estudos recentes (ano 2005) cifran a poboación do área metropolitana en torno a 1 950 000 persoas. Calcúlase que é habitual que haxa en torno á mesma cifra de turistas durante a tempada de vacacións que de habitantes: xa sexa por viaxes de estadounidenses que van pasar unha fin de semana ou polo turismo mundial.

O nome de Las Vegas aplícase frecuentemente ás áreas do condado de Clark que rodean a cidade, especialmen...Ler máis

Las Vegas (en inglés pronunciado [lɑːs ˈveɪɡəs]) é a maior das cidades do estado de Nevada nos Estados Unidos de América, así como a maior cidade fundada no século XX. Converteuse nun dos principais destinos turísticos do país grazas ás súas zonas comerciais e vacacionais, pero sobre todo grazas ós seus casinos. De acordo co censo de 2000 a cidade tiña unha poboación de 478.434 habitantes. A oficina do censo estima unha poboación de 518.313 habitantes en 2003. Las Vegas foi a capital do condado de Clark desde o nacemento deste en 1909. Estudos recentes (ano 2005) cifran a poboación do área metropolitana en torno a 1 950 000 persoas. Calcúlase que é habitual que haxa en torno á mesma cifra de turistas durante a tempada de vacacións que de habitantes: xa sexa por viaxes de estadounidenses que van pasar unha fin de semana ou polo turismo mundial.

O nome de Las Vegas aplícase frecuentemente ás áreas do condado de Clark que rodean a cidade, especialmente as áreas residenciais situadas dentro ou preto de Las Vegas Strip. A maior parte dos 7,25 quilómetros de Las Vegas Boulevard están situados fóra dos límites da cidade de Las Vegas, concretamente na area do condado chamado Paradise. Las Vegas é coñecida en ocasións como a "Cidade do pecado" (en inglés: Sin City) debido á popularidade do xogo e apostas legais, a dispoñibilidade de bebidas alcohólicas a calquera hora do día (como en toda Nevada), ou a legalidade da prostitución nos condados veciños (as leis de Nevada prohiben a prostitución nos condados de máis de 400.000 habitantes). O goberno local e os promotores turísticos da cidade prefiren o alcume de "o que pasou en Las Vegas, quedou en Las Vegas". A imaxe glamurosa da cidade fíxoa escenario de diversas películas e series televisivas.

Historia
 
O Lloyd D. George Federal District Courthouse de Las Vegas foi o primeiro edificio federal construído de acordo coas normas aprobadas tras o atentado de Oklahoma City

O nome de Las Vegas deullo o español Antonio Armijo quen chegou aí mentres seguía un vello camiño español desde Texas. Nesa época, nalgunhas áreas baixas do Val de Las Vegas, existían mananciais que creaban extensas áreas verdes que contrastaban co deserto que as rodeaba; de aí o nome de "Las Vegas".

O oficial e explorador do exército estadounidense John C. Frémont viaxou ao val de Las Vegas o 3 de maio de 1844, cando este territorio formaba parte aínda de México; lideraba un grupo de exploradores do corpo de enxeñeiros do exército estadounidense. O 10 de maio de 1855, despois da anexión de Las Vegas aos Estados Unidos, Brigham Young enviou un grupo de 30 misioneiros mormóns para converter a poboación indíxena. Os mormóns abandonaron a zona en 1857 xa que os nativos rexeitaron os seus ensinos. En 1864 o exército construíu o Forte Baker. En 1900, os mananciais foron canalizados cara á cidade que quedou así provista dunha fonte de auga corrente. Isto permitiu a Las Vegas converterse nunha parada na que encher auga para os trens que viaxaban entre Os Ánxeles (California) e Albuquerque (Novo México).

Legalizaron o xogo en 1931, Las Vegas iniciou a súa fama mundial. En 1941 empezáronse a construír grandes hoteis que incorporaban casinos de xogo. Moitos dos primeiros investidores da cidade foron acusados de traer a Las Vegas diñeiro procedente dos sindicatos do crime da costa Leste. De feito o primeiro hotel de características da cidade moderna (Flamingo) foi construído baixo a supervisión do gángster Benjamin "Bugsy" Siegel.

Desde os anos 50, esténdese a actividade musical na cidade, maiormente como complemento ás salas de xogo. Estrelas como Elvis Presley, Frank Sinatra, Tom Jones, gozan dunha actividade privilexiada, cobrando elevados cachés polos seus shows nun local estable, sen necesidade de facer fatigosas xiras. En tempos recentes, seguiron esta tradición outras estrelas como Cher, Céline Dion, e Sheena Easton.

Photographies by:
Statistics: Position
2408
Statistics: Rank
51050

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
349875162Click/tap this sequence: 5214
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Las Vegas, Nevada ?

Booking.com
491.419 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 45 visits today.