O lago Issyk-Kul, tamén chamado Ysyk Köl (en kirguiz: Ысык - Көл; en ruso: Иссык-Куль) é un lago endorreico de Asia Central, situado no límite nororiental do Tian Shan, ao nordés de Kirguizistán. É o sétimo lago máis profundo do mundo, o décimo con maior volume e o segundo lago salgado tralo mar Caspio. Issyk-Kul significa "lago quente" en kirguiz; aínda que está arrodeado de picos nevados, nunca xea.

O lago Issyk-Kul, tamén chamado Ysyk Köl (en kirguiz: Ысык - Көл; en ruso: Иссык-Куль) é un lago endorreico de Asia Central, situado no límite nororiental do Tian Shan, ao nordés de Kirguizistán. É o sétimo lago máis profundo do mundo, o décimo con maior volume e o segundo lago salgado tralo mar Caspio. Issyk-Kul significa "lago quente" en kirguiz; aínda que está arrodeado de picos nevados, nunca xea.

Historia
 
Lápida nestoriana con inscricións en uigur atopada en Issyk-Kul, datada en 1312

O lago Issyk-Kul era unha parada da ruta da seda que unía extremo oriente e Europa. O lago foi propiedade da dinastía Qing da China e posteriormente cedido a Rusia xunto que territorio circundante tralo tratado de Tarbagatai. Moitos historiadores cren que o lago foi o punto de orixe da peste negra que asolou Europa e Asia a principios e mediados do século XIV.[1]

Segundo un mapa medieval empregado por mercadores venecianos da ruta da seda, na beira nordeste do lago existía un mosteiro armenio do século XIV.

O nivel do lago é 8 metros máis alto que na Idade Media. En 2007, unha expedición atopou baixo as súas augas restos dunha cidade duns 2500 anos de antigüidade.[2][3]

En 1916 o mosteiro de Issyk-Kul foi atacado por rebeldes kirguiz que asasinaro sete monxes.[4]

Durante a época soviética, a súas augas, cunha salinidade comparable á do océano, serviron como base secreta de experimentación con torpedos.[5]

The Silk Route – Channel 4 "Descubren huellas de civilización antigua en lago montañoso en Asia Central (11 de xaneiro de 2008)". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2008. Consultado o 15 de xaneiro de 2008.  Remains of ancient civilization discovered on the bottom of a lake (27 de decembro de 2007) Arquivado 25 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en inglés) Islam in the Russian Federation and the Post Soviet Republics: a Historical perspective por Spyros Plakoudas, páx. 10 Kommersant-Vlast, 'Vys Rossiya Armia', 2005
Photographies by:
Hardscarf at Dutch Wikipedia - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
4880
Statistics: Rank
21441

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
384271695Click/tap this sequence: 2428

Google street view

Videos

Where can you sleep near Lago Issyk-Kul ?

Booking.com
489.358 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 185 visits today.