Lake Hillier

( Lago Hillier )

O lago Hillier é un lago que se atopa na illa Middle, a maior illa do arquipélago da Recherche, Australia Occidental (Australia).

A cor rosada do lago é permanente e non cambia cando se verte a auga nun recipiente. A lonxitude do lago é duns seiscentos metros aproximadamente. O lago está rodeado por un bordo de area e un bosque denso de melaleuca e eucaliptos cunha estreita franxa de dunas de area ó norte, cubertas por vexetación, que o separa do Océano Antártico.

Crese que a illa e o lago foron cartografados por primeira vez pola expedición Flinders en 1802. Dise que o capitán Flinders contemplou o lago rosa despois de ascender o pico da illa. John Thistle, o capitán do buque, recolleu auga do lago descubrindo que estaba saturada con sal. Aínda que no caso do lago Hillier a orixe da súa cor rosa non foi definitivamente demostrado, sábese que a cor rosa doutros lagos salgados da rexión xorde dun medio de contraste creado por organismos ...Ler máis

O lago Hillier é un lago que se atopa na illa Middle, a maior illa do arquipélago da Recherche, Australia Occidental (Australia).

A cor rosada do lago é permanente e non cambia cando se verte a auga nun recipiente. A lonxitude do lago é duns seiscentos metros aproximadamente. O lago está rodeado por un bordo de area e un bosque denso de melaleuca e eucaliptos cunha estreita franxa de dunas de area ó norte, cubertas por vexetación, que o separa do Océano Antártico.

Crese que a illa e o lago foron cartografados por primeira vez pola expedición Flinders en 1802. Dise que o capitán Flinders contemplou o lago rosa despois de ascender o pico da illa. John Thistle, o capitán do buque, recolleu auga do lago descubrindo que estaba saturada con sal. Aínda que no caso do lago Hillier a orixe da súa cor rosa non foi definitivamente demostrado, sábese que a cor rosa doutros lagos salgados da rexión xorde dun medio de contraste creado por organismos Dunaliella salina e Halobacteria. Outra hipótese é que a cor rosa débese a bacterias halófilas vermellas ou algas nas costras de sal.

Malia a súa infreceuente tonalidade, o lago non presenta efectos adversos coñecidos nos seres humanos. Visto dende arriba o lago parece un sólido de cor rosa, pero dende a liña de costa parécese máis a un ton rosa claro que está na auga. O litoral está tamén cuberto por depósitos de costras de sal.

Photographies by:
Statistics: Position
3439
Statistics: Rank
98016

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
418956237Click/tap this sequence: 6566
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Lago Hillier ?

Booking.com

What can you do near Lago Hillier ?

9.002.789 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 128 visits today.