O lago Baikal (ruso: о́зеро Байка́л, Ózero Baykal; buriato: Байгал нуур, Baigal nuur; mongol: Байгал нуур, Baigal nuur, etimolóxicamente o significado en mongol e "o lago da natureza") é un lago de orixe tectónica localizado no sur da Siberia oriental (Rusia), entre o Óblast de Irkutsk no noroeste e a República dos Buriatos no sueste, preto da cidade de Irkutsk. O seu nome deriva do tártaro Bai-Kul, «lago rico». Na tradición rusa, o lago é chamado «mar», e nas linguas buriata e mongol é chamado «Dalái-Nor», ou «Mar Sagrado». Tamén se lle chama o Ollo azul de Siberia e a Perla de Asia pola calidade das súas augas, que foi das mellores do planeta e que está perdéndoa progresivamente debido á contaminación.

Este lago forma parte do sistema fluvial Ienisei-Angara-lago Baikal-Selenga-Ider, que ten unha lonxitude de 5 539 km e c...Ler máis

O lago Baikal (ruso: о́зеро Байка́л, Ózero Baykal; buriato: Байгал нуур, Baigal nuur; mongol: Байгал нуур, Baigal nuur, etimolóxicamente o significado en mongol e "o lago da natureza") é un lago de orixe tectónica localizado no sur da Siberia oriental (Rusia), entre o Óblast de Irkutsk no noroeste e a República dos Buriatos no sueste, preto da cidade de Irkutsk. O seu nome deriva do tártaro Bai-Kul, «lago rico». Na tradición rusa, o lago é chamado «mar», e nas linguas buriata e mongol é chamado «Dalái-Nor», ou «Mar Sagrado». Tamén se lle chama o Ollo azul de Siberia e a Perla de Asia pola calidade das súas augas, que foi das mellores do planeta e que está perdéndoa progresivamente debido á contaminación.

Este lago forma parte do sistema fluvial Ienisei-Angara-lago Baikal-Selenga-Ider, que ten unha lonxitude de 5 539 km e considérase o quinto río máis longo do mundo, tralo Amazonas, Nilo, Yangtzé e o Mississippi-Missouri.

O Baikal é o lago do mundo que máis auga doce contén, arredor do 22-23% da auga doce mundial non conxelada. Con 23 615,39 km3 de auga doce, contén máis auga que todos os Grandes Lagos de Norteamérica. Cunha profundidade máxima de 1 642 m, o Baikal é tamén o lago máis profundo do mundo. Está considerado como un dos lagos con menor turbidez do mundo e o máis antigo cunha idade de 25–30 millóns de anos. Ao igual co Lago Tanganica, o Baikal formouse nun antigo foso tectónico tendo a típica forma longa e crecente e ocupando unha superficie 31 722 km2, que o converten no sétimo maior lago do mundo.

O lago Baikal foi declarado pola UNESCO Patrimonio Mundial da Humanidade en 1996.

A área pouco definida arredor do lago é ás veces coñecida como Baikalia. É menos común que o concepto de Transbaikalia ou Dauria, a rexión ao leste do Baikal, fogar de miles de especies vexetais e animais, moitas das cales son endémicas da rexión. É tamén o fogar dos buriatos, criando gando, cabras, camelos, ovellas e cabalos, onde a temperatura varía desde un mínimo de -19 °C ata un máximo de 14 °C.

Historia Exploración rusa e conquista
 
Un círculo de xeo fino (de cor escura, cun diámetro de ao redor de 4,4 km, probablemente causada por convección): este é o punto focal para que o xeo rompa no extremo sur do lago.

A expansión rusa na área do pobo buriato ao redor do lago Baikal[1] entre os anos 1628-58 é considerada parte da conquista rusa de Siberia. Realizouse por primeira vez remontando o río Angara augas arriba desde a localidade de Yeniseysk (fundada en 1619) e máis tarde desprazándose cara ao sur desde o río Lena. Os rusos oíran falar por primeira vez dos buriatos en 1609 na cidade de Tomsk. De acordo con algúns contos populares relatados un século despois do feito, en 1623, Demid Pyanda, que puido ser o primeiro ruso en chegar ao Lena, cruzou desde a parte superior do Lena ao Angara e logrou alcanzar Yeniseysk.[2] Vikhor Savin (1624) e Maksim Perfilyev (1626 e 1627-28) exploraron o país dos tungus no baixo Angara. Cara ao oeste, a localidade de Krasnoyarsk, no Ienisei superior, foi fundada en 1627 e desde alí partiron cara ao leste unha serie de mal documentadas expedicións. En 1628 Piotr Beketov atopou por primeira vez un grupo de buriatos e conseguiu que lle tributasen o yasak (tributo en peles que pagaban os pobos indíxenas de Siberia.) na futura sede de Bratsk. En 1629, Yakov Khripunov partiu de Tomsk para atopar unha mina de prata da que había moitos rumores. Os seus homes pronto empezaron a saquear tanto aos rusos como aos nativos. A eles uníuselles outro grupo de Krasnoyarsk, pero abandonaron o país buriato cando escasearon os alimentos. A súa incursión fixo que fose difícil que outros rusos entrasen na zona. En 1631 Maksim Perfilyev construíu un ostrog (fortaleza) en Bratsk. A pacificación tivo un éxito moderado, xa que en 1634 foi destruída Bratsk e morta a súa guarnición. (A historia conta que os buriatos, que non sabían como utilizar armas de fogo, decidiron queimar os mosquetes, xunto cos cosacos mortos. O lume provocou que as armas de fogo se disparasen e matasen a unhas poucas persoas, o que levou a pensar aos buriatos que os rusos seguían loitando logo de mortos.) En 1635 Bratsk foi reconstruída por unha expedición de castigo ao mando de Radukovskii. En 1638 foi sitiada de novo sen éxito.

En 1638 Perfilyev cruzou desde o Angara trasladandose por terra ata alcanzar o río Lena e descendeu augas abaixo ata Olyokminsk. De volta, navegou polo río Vitim na área oriental do lago Baikal (1640), onde escoitou informes sobre o país do Amur. En 1641 fundouse na parte superior do Lena unha nova localidade, Verjolensk. En 1643 Kurbat Ivanov foi máis aló remontando o Lena e converteuse no primeiro ruso que viu o lago Baikal e a illa de Oljón. A metade da súa espedición, ao mando de Skorokhodov, mantívose no lago, alcanzando o resto o Alto Angara no seu extremo norte e invernando no río Barguzin, no lado nordeste. En 1644 Iván Pokhabov subiu o Angara ata o Baikal, converténdose talvez no primeiro ruso en utilizar esa ruta, difícil debido aos rápidos. Cruzou o lago e explorou o río Selenga inferior. Cara a 1647 repetiu a viaxe, obtendo guías e visitando ao 'Tsetsen Khan' preto de Ulán Bátor. En 1648, Iván Galkin construíu un ostrog no río Barguzin que se converteu nun centro para a expansión cara ao leste. En 1652 Vasily Kolesnikov informou desde Barguzin que se podía chegar ao país de Amur, seguindo os ríos Selenga, Uda e Khilok ata alcanzar os futuros sitios de Chitá e Nerchinsk. En 1653 Piotr Beketov, no seu segundo gran viaxe para explorar e recadar impostos, tomou a ruta de Kolesnikov ata o lago Irgen, ao oeste de Chita, e ese inverno un dos seus homes, Urasov, fundou Nerchinsk, a beiras do río Nercha. A seguinte primavera tratou de ocupar Nerchensk, pero foi obrigado polos seus homes a unirse a Stephanov no Amur. Nerchinsk foi destruído polos tungus locais, pero restaurado en 1658.

George V. Lantzeff and Richard A. Price, 'Eastward to Empire',1973 Randewy.ru (ed.). "In Russian: Открытие Русскими Средней И Восточной Сибири". Consultado o 2 de xaneiro de 2012. 
Photographies by:
Sergey Pesterev - CC BY-SA 4.0
Артём Полоз - CC BY-SA 3.0
de:Benutzer:Sansculotte - CC BY-SA 2.0 de
Statistics: Position
122
Statistics: Rank
400107

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
428653791Click/tap this sequence: 4517

Google street view

Where can you sleep near Lago Baikal ?

Booking.com
489.903 visits in total, 9.197 Points of interest, 404 Destinos, 68 visits today.