Казань

( Kazán )

Kazán (en ruso: Казань, Kazan; en tártaro: Казан, Qazan) é a capital e cidade máis poboada da República de Tatarstán, na Federación Rusa. A cidade atópase á beira do río Volga, na converxencia co río Kazanka, e ten unha poboación de 1 143 546 (segundo o censo preliminar de 2010), o que a converte na oitava cidade máis poboada de Rusia, cunha área metropolitana de 1,57 millóns.

A cidade foi fundada polos búlgaros do Volga en 1005 como un forte fronteirizo no norte. En 1438, foi capturada polas Hordas de Ouro e creouse o Khanato tártaro de Kazán. Unha serie de guerras co principado de Moscova levou finalmente á toma de Kazán polas tropas de Iván o Terrible en 1552, seguido da destrución de gran parte da cidade e a reubicación dos tártaros nas beiras pantanosas do lago Kaban. Kazán sufriu numerosos incendios graves e despois dun deles, en 1579, descubríuse o ícono de Nosa Se...Ler máis

Kazán (en ruso: Казань, Kazan; en tártaro: Казан, Qazan) é a capital e cidade máis poboada da República de Tatarstán, na Federación Rusa. A cidade atópase á beira do río Volga, na converxencia co río Kazanka, e ten unha poboación de 1 143 546 (segundo o censo preliminar de 2010), o que a converte na oitava cidade máis poboada de Rusia, cunha área metropolitana de 1,57 millóns.

A cidade foi fundada polos búlgaros do Volga en 1005 como un forte fronteirizo no norte. En 1438, foi capturada polas Hordas de Ouro e creouse o Khanato tártaro de Kazán. Unha serie de guerras co principado de Moscova levou finalmente á toma de Kazán polas tropas de Iván o Terrible en 1552, seguido da destrución de gran parte da cidade e a reubicación dos tártaros nas beiras pantanosas do lago Kaban. Kazán sufriu numerosos incendios graves e despois dun deles, en 1579, descubríuse o ícono de Nosa Señora de Kazán.

Kazán é un dos principais centros económicos, políticos, científicos, educativos, culturais e deportivos do país. O «Complexo histórico e arquitectónico do Kremlin de Kazán» está incluído pola UNESCO dentro do Patrimonio da Humanidade. A cidade desfruta dunha multietnicidade famosa pola convivencia entre musulmáns e cristiáns, que é tamén recoñecida pola UNESCO, o que se reflicte nunha variada riqueza arquitectónica propia de cada confesión, como a mesquita Qul Sharif, unha das mesquitas meirandes de Europa. Dende abril de 2009, leva legalmente o título de "Terceira Capital de Rusia".

Photographies by:
AndrianovaNatalia - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
2492
Statistics: Rank
49008

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
657291483Click/tap this sequence: 9817

Google street view

Where can you sleep near Kazán ?

Booking.com
489.773 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 24 visits today.