سنگ‌نوشته بیستون

( Inscrición de Behistún )

A inscrición de Behistún (tamén escrito Bisotun , Bistun o Bisutun ; persa : بیستون ; ou en persa antigo : Bagastana , que significa "o lugar de Deus") é unha inscrición realizada no reinado de Darío I. Para a escrita cuneiforme o que a Pedra Rosetta é para os xeróglifos: o documento máis importante no desciframento dunha lingua até entón esquecida.

Localízase na actual provincia de Kermanshah, no Irán, e forma parte dun gran complexo arqueolóxico (máis de 187.000 has.) a carón dunha antiga ruta comercial que unía Mesopotamia coa meseta irania e que, en 2006, foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

A parte máis relevante do complexo arqueolóxico é o baixorrelevo no que aparece Darío I no seu camiño cara ó poder. Debaixo do baixorrelevo, hai un texto, en escrita cuneiforme, con versións en tres linguas diferentes: elamita, persa antigo e babilonio. Neles, nárranse diferentes lendas e as loitas que tivo q...Ler máis

A inscrición de Behistún (tamén escrito Bisotun , Bistun o Bisutun ; persa : بیستون ; ou en persa antigo : Bagastana , que significa "o lugar de Deus") é unha inscrición realizada no reinado de Darío I. Para a escrita cuneiforme o que a Pedra Rosetta é para os xeróglifos: o documento máis importante no desciframento dunha lingua até entón esquecida.

Localízase na actual provincia de Kermanshah, no Irán, e forma parte dun gran complexo arqueolóxico (máis de 187.000 has.) a carón dunha antiga ruta comercial que unía Mesopotamia coa meseta irania e que, en 2006, foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

A parte máis relevante do complexo arqueolóxico é o baixorrelevo no que aparece Darío I no seu camiño cara ó poder. Debaixo do baixorrelevo, hai un texto, en escrita cuneiforme, con versións en tres linguas diferentes: elamita, persa antigo e babilonio. Neles, nárranse diferentes lendas e as loitas que tivo que levar a cabo Darío contra os sátrapas que se revoltaron cando accedeu ao poder.

Un oficial do exército británico, Sir Henry Rawlinson, transcribiu a inscrición en dúas veces, en 1835 e 1843. Rawlinson foi capaz de traducir o texto cuneiforme en Persa antigo en 1838, e os textos en Elamita e Babilonio foron traducidos polo mesmo Rawlinson e outros despois de 1843. O babilonio foi unha antiga forma de Acadiano: ambas son linguas semíticas.

Photographies by:
KendallKDown - CC BY-SA 3.0
Mahdimanavimvi - CC BY-SA 4.0
KendallKDown - CC BY-SA 3.0
Zones
Statistics: Position
23
Statistics: Rank
2938857

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
231846597Click/tap this sequence: 2382

Google street view

Where can you sleep near Inscrición de Behistún ?

Booking.com
489.227 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 54 visits today.