Huacachina
A lagoa de Huacachina é un oasis situado a 5 km ao oeste da cidade de Ica (no Perú) e a 60 km ao leste da costa do océano Pacífico. Preséntase como un verdadeiro oasis natural no medio das areas brancas do deserto costeiro do Perú. De augas cor verde esmeralda, xurdiu debido ao afloramento de correntes subterráneas e ao redor dela hai unha abundante vexetación composta de palmeiras, eucaliptos (especies introducidas) e a especie de algarrobo coñecida como huarango, que serven para o descanso das aves migratorias que pasan por esta rexión. Tamén é coñecido como o oasis de América.
Huacachina ten unha poboación permanente de arredor de cen persoas aínda que acolle decenas de milleiros de turistas cada ano.
Photographies by:
Christopher Crouzet - CC BY 2.0
Zones
Statistics: Position
4277
Statistics: Rank
80418
Engadir un novo comentario