Red vial del Tahuantinsuyo

( Camiños do Inca )

Os Camiños do Inca (en quechua, Qhapaq Ñan, que quere dicir: camiño do rei ou do poderoso ou camiño do Inca) foi un sistema de camiños de enormes distancias na civilización incaica que vinculaba as cidades importantes da costa e da serra. Estruturouse con base en dous eixos lonxitudinais: do sector da cordilleira e do chairo costeiro. Este sistema dos incas non foi senón un bimilenario legado preincaico, potenciado durante o Imperio Inca, tanto para a totalidade desa organización de rutas, que superaban os 30 000 quilómetros, como para o camiño principal (de aproximadamente 5200 km de lonxitude). Todos estes camiños atopábanse conectados a Cuzco, a capital do Tahuantinsuyo ou Imperio incaico, e facilitaban a súa comunicación cos distintos pobos anexados no marco do proceso expansivo inca e, ó mesmo tempo, constituían un efectivo medio de integración político–administrativa, socioeconómica e cultural. Dado que o Qhapaq Ñan interconectaba localidades...Ler máis

Os Camiños do Inca (en quechua, Qhapaq Ñan, que quere dicir: camiño do rei ou do poderoso ou camiño do Inca) foi un sistema de camiños de enormes distancias na civilización incaica que vinculaba as cidades importantes da costa e da serra. Estruturouse con base en dous eixos lonxitudinais: do sector da cordilleira e do chairo costeiro. Este sistema dos incas non foi senón un bimilenario legado preincaico, potenciado durante o Imperio Inca, tanto para a totalidade desa organización de rutas, que superaban os 30 000 quilómetros, como para o camiño principal (de aproximadamente 5200 km de lonxitude). Todos estes camiños atopábanse conectados a Cuzco, a capital do Tahuantinsuyo ou Imperio incaico, e facilitaban a súa comunicación cos distintos pobos anexados no marco do proceso expansivo inca e, ó mesmo tempo, constituían un efectivo medio de integración político–administrativa, socioeconómica e cultural. Dado que o Qhapaq Ñan interconectaba localidades tan distantes como Quito, Cuzco e Tucumán, os conquistadores españois empregárono durante o século XVI para invadir o Perú, Bolivia, Chile e as pampas da cordilleira arxentina.

O famoso «Camiño do Inca», que une a cidade de Cuzco co sitio arqueolóxico de Machu Picchu, é só unha parte mínima e intrarrexional da xigantesca rede de camiños incas.

Photographies by:
Statistics: Position
190
Statistics: Rank
317297

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
871639425Click/tap this sequence: 2864

Google street view

Where can you sleep near Camiños do Inca ?

Booking.com
490.020 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 69 visits today.