A Gran Muralla Chinesa (chinés tradicional: 長城, chinés simplificado: 长城, pinyin: Cháng Chéng, "Longa fortaleza") é unha serie de fortificacións, construídas desde o século V a.C., de pedra, ladrillo, terra apisoada, madeira, e outros materiais, en xeral, ao longo dunha liña de leste a oeste a través das fronteiras históricas do norte da China para protexer aos estados chineses e o imperio da China dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senón máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles.

A Gran Muralla está formada por unha serie de murallas construídas e reconstruídas por diferentes dinastías durante máis de 1.000 anos.

Contando as súas ramificacións e construcións secundarias, calcúlase que ten 21 196 quilómetros de longo, desde a fronteira con Corea, á beira do río Yalu (Yalu Jiang), ata o deserto de Gobi, abarcando sete provincias, ao longo dun arco que d...Ler máis

A Gran Muralla Chinesa (chinés tradicional: 長城, chinés simplificado: 长城, pinyin: Cháng Chéng, "Longa fortaleza") é unha serie de fortificacións, construídas desde o século V a.C., de pedra, ladrillo, terra apisoada, madeira, e outros materiais, en xeral, ao longo dunha liña de leste a oeste a través das fronteiras históricas do norte da China para protexer aos estados chineses e o imperio da China dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senón máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles.

A Gran Muralla está formada por unha serie de murallas construídas e reconstruídas por diferentes dinastías durante máis de 1.000 anos.

Contando as súas ramificacións e construcións secundarias, calcúlase que ten 21 196 quilómetros de longo, desde a fronteira con Corea, á beira do río Yalu (Yalu Jiang), ata o deserto de Gobi, abarcando sete provincias, ao longo dun arco que delinea aproximadamente o bordo sur da Mongolia Interior, aínda que hoxe en día só se conserva un 30% dela. De media, mide de 6 a 7 metros de alto e de 4 a 5 metros de ancho. No seu apoxeo, durante a dinastía Ming, foi custodiada por máis dun millón de guerreiros.

A muralla foi designada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1987. Gran parte da Gran Muralla ten fama de ser o maior cemiterio do mundo. Aproximadamente 10 millóns de traballadores morreron durante a súa construción. Non os enterraron no muro en si, senón nas súas proximidades.

O día 7 de xullo de 2007 deuse a coñecer que a muralla chinesa foi elixida como unha das gañadoras na lista das Novas Sete Marabillas do Mundo Moderno.

A Gran Muralla está irmandada coa muralla romana de Lugo, tamén designada Patrimonio da Humanidade.

Historia

A muralla construíuse durante o reinado do Primeiro Emperador da dinastía Qin, de curta duración. Non se construíu toda dunha vez, senón que é a unión de varios muros construídos durante un período de aproximadamente mil anos. A súa forma actual acabouse durante a dinastía Ming.

Períodos de construción

Tradicionalmente, divídese a historia da construción da Gran Muralla en cinco partes:

Período anterior á unificación da Dinastía Qin
Artigos principais: Período das Primaveras e Outonos e Período dos Reinos Combatentes.

No século VIII a.C., no comezo do período coñecido como Período das Primaveras e Outonos, China segue un sistema feudal: o territorio divídese en centos de feudos ou estados dirixidos por príncipes, en teoría, todos reunidos baixo os reis da dinastía Zhou.

Pero co tempo, estes feudos foron anexados polos príncipes formando grandes principados no século VI a.C.; algúns deles foron o Estado de Chu e Wu, China foi rapidamente fragmentada en varios reinos independentes: é o comezo do período dos Reinos Combatentes.

Naquel tempo, varios estados comprométense á construción de muros para protexerse dos seus veciños e de pobos estranxeiros. Así, ao redor do século V a.C., o estado de Qi inicia a construción dun muro, algunhas das súas partes mantéñense aínda en pé. A mediados do século IV a.C., o estado de Wei comezou a construción dun muro na súa fronteira occidental, preto de Qi, e un segundo muro na súa fronteira oriental . Isto foi imitado polos estados de Yan e Zhao.

Comunmente, a técnica utilizada para realizar as paredes foi de capas de terra duns poucos centímetros que se amontoan unha encima doutra. As xuntas de madeira extraense, deixando unha parede de terra. Este método podería desenvolver rapidamente sólidos muros que poderian resistir séculos en pé.

Período da Dinastía Qin
 
Trazado tentativo de muralla que se mostra en vermello no período da Dinastía Qin
Artigo principal: Dinastía Qin.

No ano 221 a.C., Qin Shi Huang conquistou todos os estados que se lle opoñían e unificou China establecendo a dinastía Qin. A intención de impoñer un poder central e evitar o rexurdimento dos señores feudais, ordenou a destrución das murallas que dividían o seu imperio ao longo da antiga fronteira. Logo dos ataques das tribos Xiongnu ao norte, enviou ao xeneral Meng Tian, para asegurarse da derrota dos Xiongnu e, a continuación, emprender a construción dun muro máis aló do Río Amarelo para protexer mellor aos novos territorios conquistados conectando o resto de fortificacións ao longo da nova fronteira norte. O transporte dunha gran cantidade de materiais necesarios para a construción foi difícil, xa que logo, os construtores utilizaron os recursos locais como as pedras nas construcións de montaña e a terra apisoada para a construción na chaira.

Non hai rexistros históricos que indiquen a lonxitude exacta e o trazado de muralla na dinastía Qin, pero a pesar do debate entre os historiadores e a ausencia de acontecementos históricos, a Gran Muralla construída pola dinastía Qin permanece na imaxinación popular chinesa como unha colosal obra co alcumo de "muro de dez mil li" (5.760 km no valor de li da dinastía Qin).

Período da Dinastía Han
 
Trazado da Gran Muralla no período da Dinastía Han
Véxase tamén: Dinastía Han.

No 210 a. C., o emperador Qin Shi Huang morreu e a dinastía Qin que fundou sobreviviu uns poucos anos. No 202 a. C., Liu Bang, un ex soldado de orixe campesiña que foi mestre da China proclamouse emperador co nome Han Gaozu. Debilitada pola súa anterior guerra de sucesión contra o xeneral Xiang Liang, Gaozu abandona o mantemento da Muralla da era Qin, e cando os Xiongnu, agora unidos nunha confederación estaban ameazando a través da fronteira, Gaozu, en lugar de adoptar unha ofensiva utilizando as paredes do mesmo xeito que Qin Shi Huang, trata de conseguir a paz con homenaxes e unha "harmoniosa unión" ou heqin, é dicir, a subministración chinesa de princesas para os xefes Xiongnu. Durante varias décadas, os seus sucesores farán o mesmo. Con todo, a Gran Muralla non está completamente abandonada: baixo o dominio do emperador Han Wudi recoméndaselle o establecemento de fronteiras tuntian (tipos de asentamentos militares agrarios) protexidos por pequenos muros para colonizar a rexión e impedir as incursións Xiongnu.

No 134 a. C. o statu quo entre os chineses e os Xiongnu foi roto e a diferenza dos seus antepasados, Han Wudi decidiu tomar unha ofensiva contra a confederación Xiongnu e iniciou no 129 a. C. unha primeira ofensiva, seguida de moitas outras. Wudi restaurou e conectou porcións da Muralla da dinastía Qin e logo estendeuna a través do que se convertería na ruta da seda. No 119 a. C., os Xiongnu son expulsados a través do deserto de Gobi na Mongolia interior, e unha nova sección do muro, de 400 km de longo foi construída e consérvase hoxe en día.

No ano 9 d. C., a dinastía Han vese ensombrecida pola efémera dinastía Xin, antes de ser restaurada o 23 d. C. polo emperador Geng Shi di que debe facer fronte ás guerras civís e cando o emperador Guang Wudi ascendeu ao trono dous anos despois, o seu exército é demasiado débil para conter eficazmente os Xiongnu. Ordenou a construción de catro novos muros para frear o seu avance e protexer á capital. Para rematar, ao redor do 48, os Xiongnu experimentaron loitas internas e divídense en dous grupos: Xiongnu do Norte e Xiongnu do Sur. Os Xiongnu do sur serven de amortiguación entre os seus homólogos no norte e a China estaba disposta a coexistir con eles. Ao final da dinastía Han, China dividiuse en tres reinos separados por fronteiras, facendo da construción e o mantemento das grandes paredes irrelevante.

Período de baixa actividade

Desde o período dos Tres Reinos (220) ata fins da Dinastía Yuan (1300) a muralla non experimentou grandes cambios e extensións máis aló da reconstrución de sectores desgastados. Destacan pequenos períodos de construción do século V ao VII e dos séculos XI ao XIII.

Período da Dinastía Ming
Artigo principal: Dinastía Ming.
 
Mapa da Dinastía Ming e a súa muralla.

A Gran Muralla como concepto reavivouse de novo durante a dinastía Ming logo da derrota do exército por parte dos oirates na Batalla de Tumu en 1449. Os Ming non tiveron unha clara vitoria e adoptaron unha nova estratexia para manter as tribos nómades afastadas da capital mediante a construción de muros ao longo da fronteira norte da China.

A diferenza das anteriores fortificacións, a construción da dinastía Ming foi máis forte e máis elaborada debido á utilización de ladrillos e pedra en lugar de terra apisoada. Como consecuencia das incursiones mongois a través dos anos, dedicáronse considerables recursos a reparar e reforzar as paredes. As seccións Ming preto da capital Pequín son especialmente fortes e resistentes. A gran muralla da dinastía Ming iníciase no extremo leste, no paso de Shanhai (山海关 shān hǎi guān), Qinhuangdao, en Hebei, provincia próxima ao golfo de Bohai. Atravesa nove provincias, 100 condados, para terminar no extremo oeste no paso de Jiayu (嘉峪关 jiā yù guān), na provincia Gansu, ao noroeste. O paso de Jiayu era a porta para a ruta da seda. A pesar de que a muralla finaliza no paso Jiayu, a partir de alí seguen torres de vixilancia (烽火台 fēng huǒ tái) por toda a ruta da seda. Estas torres comunicábanse entre elas con sinais de fume para informar de posíbeis invasións.

Cara ao final da dinastía Ming, a Gran Muralla defendía o imperio en contra da invasión manchú que comezou ao redor do 1600. Baixo o mando militar de Yuan Chonghuan, o exército Ming bloqueou o avance manchú no fortemente fortificado paso Shanhaiguan, impedindo que entrasen no corazón chinés. Os manchús finalmente foron capaces de cruzar a Gran Muralla en 1644 (a lenda di que as tropas tardaron tres días en pasar), cando forón abertas as portas, en Shanhaiguan, tras convencer o xeneral Wu Sangui para que lles deixase atravesar o paso, este xeneral estaba en contra das actividades dos gobernantes da dinastía Shun, que sucedeu durante un breve período á dinastía Ming. Os manchús rapidamente ocuparon Pequín e derrotaron á recentemente fundada Dinastía Shun e o resto da resistencia, para establecer a dinastía Qing.

Cos Qing como gobernantes, Mongolia anexionouse ao imperio, de modo que a construción da Gran Muralla e as reparacións da mesma interrompéronse, debido a que deixaron de ter utilidade estratéxica.

Durante a súa construción os obreiros estaban a mercede de bandas de asaltantes e moitos morreron nesa construción, de maneira que a muralla é denominada ás veces como o cemiterio máis longo do mundo.

Primeiras noticias en occidente sobre a Muralla

O viaxeiro e explorador do norte de África Ibn Battuta, que foi a Guangzhou ao rededor de 1346, informouse entre os musulmáns locais sobre a muralla que, segundo o Corán, a construíra Dhul-Qarnayn para conter a Gog e Magog. Ibn Battuta explicaba que a muralla estaba a "sesenta días de viaxe" da cidade de Zeitun (Quanzhou);;[1] se ben Alexander Hamilton Rosskeen Gibb sinalou que Ibn Battuta confundiu a Gran Muralla Chinesa coa construída por Dhul-Qarnayn.[2] Pero en todo caso, ningún dos interlocutores de Ibn Battuta en Guangzhou a vira nin coñecían a ninguén que a tivese visto, o que implica que posteriormente a Yuan a existencia da Gran Muralla non estaba na memoria da xente, polo menos nos das comunidades musulmás de Guangzhou.[2]

Pouco despois de que os europeos arribaran na China dos Ming no século XVI, os contos sobre a Gran Muralla empezaron a circular por Europa, aínda que ningún europeo foi a mirala cos seus propios ollos ata un século máis tarde. A primeira descrición da muralla, e a súa importancia para a defensa do país contra os "tártaros" (é dicir, os mongois), foi a contida na Terceira Década de João de Barros, dentro "Da Àsia" (publicado en 1563).[3] Curiosamente, o mesmo Barros non viaxou a Asia, pero foi quen de utilizar os libros chineses levados a Lisboa polos comerciantes portugueses.[4] un dos primeiros rexistros dun viaxeiro occidental que visitou China a través dun paso da gran Muralla (Jiayuguan, neste caso) pode ser o do irmán xesuíta portugués Bento de Góis, que chegara o noroeste de China, desde a fronteira da India en 1605.[5]

H. A. R. Gibb and C. F. Beckingham, trans. The Travels of Ibn Baṭṭūṭa, A.D. 1325–1354 (Vol. IV). London: Hakluyt Society, 1994 (ISBN 0-904180-37-9), pg. 896 ↑ 2,0 2,1 Haw, Stephen G. (2006). Psychology Press, ed. Marco Polo's China: a Venetian in the realm of Khubilai Khan. Volume 3 of Routledge studies in the early history of Asia. pp. 52–54. ISBN 0415348501.  João de Barros, Da Ásia de João de Barros. Dos feitos que os portugueses fizeram no descobrimento dos mares e terras do Oriente., 3-a Década. libro 2, capítulo VII. Lisboa, 1563. Este capítulo està reproducido nas pp. 186—204 do quinto volume de l'1777 edició da 'Asia. Donald F. Lach (1965). The University of Chicago Press, ed. Asia in the making of Europe. I, Book Two. p. 739.  Sir Henry Yule (1866). The Hakluyt society, ed. Cathay and the way thither: being a collection of medieval notices of China. edición 36-37 dos traballos editados por the Hakluyt Society. p. 579.  (Esta sección é o informe das viaxes de Góis, segundo describiu Matteo Ricci en De Christiana expeditione apud Sinas (publicado en 1615), anotado por Henry Yule)
Photographies by:
Severin.stalder - CC BY-SA 3.0
User:Doron - CC BY-SA 3.0
Notyourbroom - CC BY 3.0
Statistics: Position
7
Statistics: Rank
4610958

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
943275618Click/tap this sequence: 9591

Google street view

Where can you sleep near Gran Muralla Chinesa ?

Booking.com
489.114 visits in total, 9.195 Points of interest, 404 Destinos, 20 visits today.