風水 ( Feng Shui )

O Feng Shui (en chinés: 風水, fong shuei ["vento" e "auga"]) é unha antiga arte con orixe na filosofía dos sabios taoístas chineses que, co transcurso dos anos, foise enriquecendo coa literatura e a poesía. Como resultado deu unha ciencia-arte que ensina, entre outras moitas cousas, a distribuír os mobles nunha habitación ou similar, para crear correntes positivas de enerxía (chi) e harmonizar o ambiente, ou como acomodar os obxectos decorativos de acordo cunha serie de regras milenarias que perseguen lograr o benestar psicofísico dos habitantes da casa. O obxectivo é conseguir un fluxo adecuado do chi que, segundo se cre, é dispersado polo vento e retido pola auga.

Os antigos recolleron a súa sabedoría no I ching. Este profundo oráculo describía a natureza de tódalas cousas a través de 64 hexagramas de liñas interrompidas e rectas, que constitúen a base de tódolos estudos tradicionais (incluído o propio Feng Shui).

O postulado fundamental desta arte é a existencia dunha enerxía universal (corrente Chi que flúe dentro dos ambientes por medio do aire). A tarefa propia do Feng Shui é a de estudar o modo en que a dita enerxía se move a través de tódolos espazos dun fogar ou ámbito de traballo.

Segundo o Feng Shui, a casa dunha persoa reflicte quen é. A distribución e orde dos mobles afecta ao fluír da enerxía invisible, o que xera cambios na saúde e benestar físico, nas relacións con outras persoas ou no status económico.

Os practicantes de Feng Shui cren que en occidente (e cada vez máis tamén en oriente) o modo de vida rápido e a mala alimentación están desvinculando pouco a pouco ás persoas do seu contorno, facendo que vivan en edificios "enfermos" que non poden "respirar" e que producen unha diminución da enerxía vital dos ocupantes.

O practicante de Feng Shui elabora un plano da vivenda, chamado bagua, que mostra como a enerxía invisible se movería a través de portas e fiestras. O bagua consta dun padrón dividido en nove zonas: auga, terra, trono, vento, tai chi, ceo, lago, montaña e lume. Cada zona representa un aspecto da vida dos ocupantes da vivenda. Así, por exemplo, a terra son as relacións, o trono os antepasados etc. No contorno Feng-Shui, o tai chi representa a saúde e sitúase no centro da casa.

Ler máis

Outro mapa tamén empregado polo practicante de Feng Shui é o que representa a planta da vivenda. Dentro debúxase un esquema da persoa deitada, coa cabeza tocando a porta de entrada e os membros distribuíndose nas habitacións e nos recantos. Cando a persoa ten unha afección nalgunha parte do seu organismo, este mapa axuda a situar a zona da casa que se corresponde co órgano enfermo. Tal zona deberá entón ser reorganizada de acordo con certas pautas ditadas polo Feng Shui. Así, será preciso adecuar os mobles e obxectos e eliminar os residuos e elementos perturbadores ou bloqueantes de enerxía. En lugar deles, colocaránse obxectos "auspiciosos" que axudarán a sandar a zona enferma.

Os practicantes de Feng Sui afirman que se unha persoa é feliz, debe deixar a casa tal e como está; mais, se non o é, debe informarse a través de libros ou especialistas de como mellorar o seu contorno para que se produzan así cambios positivos na súa vida.