Context of Taxiquistán

Taxiquistán (en taxico: Тоҷикистон), oficialmente a República de Taxiquistán (en taxico: Ҷумҳурии Тоҷикистон, Jumhurii Tojikiston) é un país montañoso e sen saída ó mar que se atopa en Asia Central, cunha área de 143 100 km2 e unha poboación estimada de 9 275 828 persoas (2019). Ten fronteiras con Afganistán polo sur, a China polo leste, Kirguizistán polo norte e Uzbekistán polo oeste. A patria tradicional do pobo taxico inclúe a actual Taxiquistán así como partes de Afganistán e Uzbekistán.

O territorio que hoxe constitúe Taxiquistán foi o fogar de numerosas culturas da antigüidade, como a cidade de Sarazm do Neolítico e da Idade de Bronce, e despois foi dominado por diferentes reinos gobernados por pobos de diversas fes e culturas, incluíndo a civilización de Oxus, a cultura de Andrónovo, o budismo, o nestorianismo, o zoroastrismo, o maniqueísmo e o islam. A área foi domin...Ler máis

Taxiquistán (en taxico: Тоҷикистон), oficialmente a República de Taxiquistán (en taxico: Ҷумҳурии Тоҷикистон, Jumhurii Tojikiston) é un país montañoso e sen saída ó mar que se atopa en Asia Central, cunha área de 143 100 km2 e unha poboación estimada de 9 275 828 persoas (2019). Ten fronteiras con Afganistán polo sur, a China polo leste, Kirguizistán polo norte e Uzbekistán polo oeste. A patria tradicional do pobo taxico inclúe a actual Taxiquistán así como partes de Afganistán e Uzbekistán.

O territorio que hoxe constitúe Taxiquistán foi o fogar de numerosas culturas da antigüidade, como a cidade de Sarazm do Neolítico e da Idade de Bronce, e despois foi dominado por diferentes reinos gobernados por pobos de diversas fes e culturas, incluíndo a civilización de Oxus, a cultura de Andrónovo, o budismo, o nestorianismo, o zoroastrismo, o maniqueísmo e o islam. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como o Imperio aqueménida, o Imperio Sasánida, os Imperio Heftalita, o Imperio Samánida, o Imperio Mongol, a Dinastía Timúrida, o Khanato de Bukhara, o Imperio Ruso, e posteriormente a Unión Soviética. Dentro da Unión Soviética, delimitáronse as fronteiras modernas do país, formando parte da República Socialista Soviética de Uzbekistán como unha república autónoma antes de converterse nunha república soviética de pleno dereito en 1929.

O 9 de setembro de 1991, Taxiquistán converteuse nunha nación independente e soberana logo da disolución da Unión Soviética. Case inmediatamente despois da independencia produciuse unha guerra civil, que durou dende 1992 até 1997. Dende o remate da guerra, a estabilidade política e a axuda exterior permitiron que a economía do país comezase a medrar. Ó igual que outros países veciños de Asia Central, o país, liderado polo Presidente Emomali Rahmon dende 1994, foi criticado por numerosas organizacións non gobernamentais polo seu liderado autoritario, a falta de liberdade relixiosa, a corrupción e as violacións dos dereitos humanos.

Taxiquistán é unha república presidencialista dividida en catro provincias. A maioría da poboación do país pertence ó grupo étnico taxico, que fala o taxico (unha variedade do persa). O ruso é empregada como lingua de comprensión entre etnias. Malia que o estado é constitucionalmente secular, o islam é practicado polo 98% da poboación. No óblast de Badaghxán Montañoso, de Taxiquistán, malia a súa escasa poboación existe unha gran diversidade lingüística, onde o ruxaní, o xugní, o ixcaximí, o vakhí e o propio taxico son algunhas das lingua faladas. As montañas cobren o 90% do país. Ten unha economía de transición que é altamente dependente da produción de aluminio e algodón. Taxiquistán é membro das Nacións Unidas, da Comunidade de Estados Independentes, da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, da Organización para a Cooperación Islámica, da Organización de Cooperación Económica, da Organización de Cooperación de Shanghai e da Organización do Tratado da Seguridade Colectiva, así como da Asociación para a Paz da OTAN.

Where can you sleep near Taxiquistán ?

Booking.com
489.316 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 143 visits today.