Context of Tailandia

Tailandia (en tailandés: ประเทศไทย, Prathet Thai) oficialmente Reino de Tailandia (en tailandés: ราชอาณาจักรไทย, Ratcha Anachak Thai; [râːt.tɕʰā ʔāːnāːtɕàk tʰāj] ), antigamente coñecido Siam (en tailandés: สยาม, Sayam), é un país situado no centro da península Indochina no Sueste asiático. Comparte fronteiras ao norte con Myanmar e Laos, ao leste con Laos e Camboxa, ao sur co Golfo de Tailandia e Malaisia, e ao oeste co Mar de Andaman e o extremo meridional birmano. As súas fronteiras marítimas inclúen Vietnam no Golfo de Tailandia ao sueste, e Indonesia e a India no Mar de Andaman ao suroeste.

O país réxese por unha monarquía constitucional encabezada polo Rei Rama IX, noveno soberano da Casa de Chakri, quen goberna dende o ano 1946. Isto convérteo no xefe de estado máis veterano do mundo e no monarca tailandés cun reinado máis longo da historia. O Rei de Tailandia posúe os cargos de Xefe de Estad...Ler máis

Tailandia (en tailandés: ประเทศไทย, Prathet Thai) oficialmente Reino de Tailandia (en tailandés: ราชอาณาจักรไทย, Ratcha Anachak Thai; [râːt.tɕʰā ʔāːnāːtɕàk tʰāj] ), antigamente coñecido Siam (en tailandés: สยาม, Sayam), é un país situado no centro da península Indochina no Sueste asiático. Comparte fronteiras ao norte con Myanmar e Laos, ao leste con Laos e Camboxa, ao sur co Golfo de Tailandia e Malaisia, e ao oeste co Mar de Andaman e o extremo meridional birmano. As súas fronteiras marítimas inclúen Vietnam no Golfo de Tailandia ao sueste, e Indonesia e a India no Mar de Andaman ao suroeste.

O país réxese por unha monarquía constitucional encabezada polo Rei Rama IX, noveno soberano da Casa de Chakri, quen goberna dende o ano 1946. Isto convérteo no xefe de estado máis veterano do mundo e no monarca tailandés cun reinado máis longo da historia. O Rei de Tailandia posúe os cargos de Xefe de Estado, Xefe das Forzas Armadas, Seguidor do Budismo e Defensor das relixións.

Cunha superficie de aproximadamente 513.120 km², Tailandia é o 51º Estado máis grande do mundo en canto á súa área total e e 20º máis poboado con ao redor de 64 millóns de habitantes. A capital e cidade máis grande é Bangkok, centro cultural, político, comercial e industrial do país. Ao redor do 75% da poboación é etnicamente tai, o 14% de orixe chinesa e o 3% malaia; o resto pertence a outros grupos minoritarios como por exemplo os mons, os khmer ou as tribos do outeiro. A lingua oficial do país é a tailandesa e a principal relixión o budismo, practicado polo 95% dos seus habitantes. O calendario oficial de Tailandia está baseado na versión budista, que está 543 anos por diante do calendario gregoriano.

Tailandia experimentou un rápido crecemento económico entre 1985 e 1996, sendo un país recentemente industrializado e un importante exportador. O turismo tamén contribúe de modo significativo á economía tailandesa. Hai aproximadamente 2,2 millóns de inmigrantes legais e ilegais no país, atraendo tamén certa cantidade de expatriados de países desenvolvidos.

More about Tailandia

Basic information
  • Currency Baht
  • Native name ประเทศไทย
  • Calling code +66
  • Internet domain .th
  • Mains voltage 220V/50Hz
  • Democracy index 6.04
Population, Area & Driving side
  • Population 66188503
  • Area 513119
  • Driving side left

89 things to do in Tailandia

Top 5 essentials in Tailandia

Outro 84 things to do in Tailandia

Where can you sleep near Tailandia ?

Booking.com
8.835.925 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 3.379 visits today.