Context of Suecia

Suecia (en sueco: Sverige, [ˈsværjɛ] (AFI) escoitar), oficialmente Reino de Suecia, é un país nórdico situado na península escandinava. Limitado ao norte e oeste con Noruega e ao leste con Finlandia, está conectado con Dinamarca pola ponte-túnel de Oresund, cruzando o estreito de Öreseund. Ademais está bañada polas costas do Mar Báltico, formando o Golfo de Botnia xunto con Finlandia.

Pertencente á Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 1995, é o terceiro estado membro maior dela e o quinto de Europa, que xunto cunha poboación de pouco máis de nove millóns de habitantes, supón unha das menores densidades de poboación do mundo. Con todo a meirande parte dos suecos vive na parte sur do país, vivindo ademais o 85% deles en zonas urbanas. A capital é Estocolmo, sendo ademais a cidade máis poboada, chegando aos dous millóns de habitantes na súa área metropolitana. As dúas seguintes cidades máis poboadas son Gotemburg...Ler máis

Suecia (en sueco: Sverige, [ˈsværjɛ] (AFI) escoitar), oficialmente Reino de Suecia, é un país nórdico situado na península escandinava. Limitado ao norte e oeste con Noruega e ao leste con Finlandia, está conectado con Dinamarca pola ponte-túnel de Oresund, cruzando o estreito de Öreseund. Ademais está bañada polas costas do Mar Báltico, formando o Golfo de Botnia xunto con Finlandia.

Pertencente á Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 1995, é o terceiro estado membro maior dela e o quinto de Europa, que xunto cunha poboación de pouco máis de nove millóns de habitantes, supón unha das menores densidades de poboación do mundo. Con todo a meirande parte dos suecos vive na parte sur do país, vivindo ademais o 85% deles en zonas urbanas. A capital é Estocolmo, sendo ademais a cidade máis poboada, chegando aos dous millóns de habitantes na súa área metropolitana. As dúas seguintes cidades máis poboadas son Gotemburgo e Malmö.

Os habitantes de Suecia gozan dun alto nivel de vida, e é un país xeralmente percibido como moderno e liberal. A conservación da natureza, protección dos ecosistemas e a eficacia enerxética son polo xeral prioridade na formulación de políticas e contan con acollida por parte da poboación sueca en xeral. Suecia ten sido durante moito tempo un importante exportador de ferro, cobre e madeira, ademais na década de 1890, a escolarización universal e a industrialización permitiron ao país desenvolver unha grande industria manufactureira. No século XX foi clasificada constantemente entre os países con mellor Índice de Desenvolvemento Humano, ocupando en 2017 o sétimo posto a nivel mundial.

More about Suecia

Basic information
  • Currency Coroa sueca
  • Native name Sverige
  • Calling code +46
  • Internet domain .se
  • Mains voltage 230V/50Hz
  • Democracy index 9.26
Population, Area & Driving side
  • Population 10587696
  • Area 447425
  • Driving side right

Where can you sleep near Suecia ?

Booking.com
8.843.609 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 5.065 visits today.