Shanghai
Context of Shanghai
Shanghai, ás veces escrito como Xangai (en chinés: 上海; pinyin: Shànghǎi; Tradución: “Sobre o mar”), é unha das maiores cidades da República Popular da China e do mundo por poboación. É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro, e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo.. Está situada no litoral do océano Pacífico, na boca do delta do Yangtzé, a beira dun brazo deste, o río Huangpu.
Localizada no delta do río Yangtzé na China oriental, Shanghai sitúase na boca do río Yangtzé na parte media da costa chinesa. O concello fai fronteira coas provincias de Jiangsu e Zhejiang polo norte, sur e oeste, e polo leste limita co mar da China Oriental.
Durante séculos, foi unha vila administrativa, de pesca e de comercio. A súa importancia ...Ler máis
Shanghai, ás veces escrito como Xangai (en chinés: 上海; pinyin: Shànghǎi; Tradución: “Sobre o mar”), é unha das maiores cidades da República Popular da China e do mundo por poboación. É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro, e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo.. Está situada no litoral do océano Pacífico, na boca do delta do Yangtzé, a beira dun brazo deste, o río Huangpu.
Localizada no delta do río Yangtzé na China oriental, Shanghai sitúase na boca do río Yangtzé na parte media da costa chinesa. O concello fai fronteira coas provincias de Jiangsu e Zhejiang polo norte, sur e oeste, e polo leste limita co mar da China Oriental.
Durante séculos, foi unha vila administrativa, de pesca e de comercio. A súa importancia medrou no século XIX debido ó recoñecemento europeo do seu potencial económico e da localización estratéxica do seu porto. A cidade foi aberta en numerosas ocasións ó comercio cos estranxeiros após a vitoria británica na Primeira Guerra do Opio e o subsecuente Tratado de Nanjing de 1842, que permitiu o establecemento da "Concesión Internacional de Shanghai". A cidade floreceu como centro do comercio entre oriente e occidente, e converteuse o indiscutible motor financeiro da Asia do pacífico durante os anos 1930. Porén, coa chegada ó poder do Partido Comunista en 1949, o comercio foi reorientado cara os países socialista, e influencia global da cidade minguou. Na década de 1990, as reformas económicas introducidas por Deng Xiaoping deviron nun intenso crecemento da cidade, que permitiu o retorno de investimentos foráneos á cidade.
Shanghai é un popular destino turístico, famoso polo seu patrimonio histórico como o Bund, o Templo Cidade de Deus e o Xardín Yu, así como a arquitectura de Lujiazui, o Museo de Shanghai e o Museo de Arte da China. Foi descrita como a "obra mestra" da puxante economía da China.