Context of República Democrática do Congo

A República Democrática do Congo (République Démocratique du Congo en francés, Repubilika ya Kongo Demokratika en congo, Jamhuri ya Kidemokrasia ya Kongo en kiswahili, Republiki ya Kɔ́ngɔ Demokratiki en lingala e Ditunga día Kongu wa Mungalaata en tshiluba), tamén coñecida baixo os nomes de Congo Kinshasa e Congo, é un país de África central, coñecido de 1971 a 1997 baixo o nome de Zaire. Foi unha antiga colonia belga: o Congo Belga. A capital é Kinshasa. Está situado na zona dos grandes lagos de África e é o terceiro país maior do continente. Limita coa República Centroafricana e o Sudán polo norte, Uganda, Ruanda, Burundi e Tanzania polo leste, Zambia e Angola polo sur, e a República do Congo polo oeste. Ten acceso ao mar a través dunha estreita franxa de 40 km de costa, seguindo o río Congo até o golfo da Guinea. O nome “Congo” ten a súa orixe nos nativos con...Ler máis

A República Democrática do Congo (République Démocratique du Congo en francés, Repubilika ya Kongo Demokratika en congo, Jamhuri ya Kidemokrasia ya Kongo en kiswahili, Republiki ya Kɔ́ngɔ Demokratiki en lingala e Ditunga día Kongu wa Mungalaata en tshiluba), tamén coñecida baixo os nomes de Congo Kinshasa e Congo, é un país de África central, coñecido de 1971 a 1997 baixo o nome de Zaire. Foi unha antiga colonia belga: o Congo Belga. A capital é Kinshasa. Está situado na zona dos grandes lagos de África e é o terceiro país maior do continente. Limita coa República Centroafricana e o Sudán polo norte, Uganda, Ruanda, Burundi e Tanzania polo leste, Zambia e Angola polo sur, e a República do Congo polo oeste. Ten acceso ao mar a través dunha estreita franxa de 40 km de costa, seguindo o río Congo até o golfo da Guinea. O nome “Congo” ten a súa orixe nos nativos congo, asentados nas ribeiras do río Nzadi ou Zaire, rebautizado en portugués como río Congo.

A RDC é dona dunha densa e variada historia que se inicia cos primeiros inmigrantes bantús que chegaron á zona, co que se convertería no epicentro do gran Reino do Congo a mediados do século XV. Despois de ser reclamado o territorio pola Asociación Internacional Africana (propiedade do rei Leopoldo II de Bélxica) como Estado Libre, e logo dunha colonización particularmente brutal por parte de Bélxica, a colonia do Congo Belga alcanzaría a independencia en 1960, para transformarse en Zaire baixo a éxida do ditador Mobutu Sese Seko. Durante o goberno de Sese Seko o país viuse sometido a un goberno autoritario, violento e cleptócrata, que arruinou a economía do Congo. A caída deste último provocou o inicio dunha grave guerra civil que dexeneraría nunha conflagración continental, na cal interviñeron forzas armadas de máis de sete países, deixando como tráxico saldo máis de 5,4 millóns de mortos dende 1998. Máis do 90% desas mortes foron o resultado da malaria, da diarrea, da pneumonía e da desnutrición, agravadas todas elas polas duras condicións de vida provocadas pola guerra. O resultado foi a intervención da ONU coas forzas de paz organizadas na MONUC. Entre 2003 e 2007 o país viviu unha tensa calma, baixo a dirección dun goberno de transición. No final de 2006 houbo uns comicios nos que resultou electo para presidente Joseph Kabila, quen até entón exercía as funcións interinamente.

A República Democrática do Congo é moi rica en recursos naturais, mais a inestabilidade política, a falta de infraestruturas e a cultura da corrupción, limitaron historicamente o seu desenvolvemento. Alén da capital, Kinshasa, as outras cidades importantes do país son Lubumbashi e Mbuji-Mayi, e as exportación máis relevantes son as de minerais para a China, que acolle o 50% das exportacións do país.

Where can you sleep near República Democrática do Congo ?

Booking.com
490.261 visits in total, 9.200 Points of interest, 404 Destinos, 29 visits today.