Context of Malí

Malí, oficialmente República de Malí, (en francés: République du Mali; en bambara: Mali ka Fasojamana; en alfabeto n'ko: ߡߊߟߌ ߞߊ ߝߊߛߏߖߊߡߊߣߊ) é un país africano. É un estado sen costa, o oitavo máis extenso de África, cunha área de 1 240 000 km2. A poboación de Malí era de 19,3 millóns de persoas no ano 2018, e no 2017 estimouse que o 67% da poboación tiña menos de 25 anos. A súa capital e principal cidade é Bamaco. Limita ao noroeste con Mauritania, ao norte con Alxeria, ao leste con Níxer, ao sur con Burkina Faso, Costa do Marfil e Guinea, e ao oeste co Senegal. Constituída por oito rexións, Malí ten as súas fronteiras do norte no medio do Sahara, mentres que a zona meridional, onde vive a maior parte da poboación, está na beira dos ríos Níxer e Senegal. A estrutura económica do país céntrase na agricultura e a pesca. Algúns dos recursos naturais máis importantes de Malí son o ouro, sendo o terceiro maior produtor do contine...Ler máis

Malí, oficialmente República de Malí, (en francés: République du Mali; en bambara: Mali ka Fasojamana; en alfabeto n'ko: ߡߊߟߌ ߞߊ ߝߊߛߏߖߊߡߊߣߊ) é un país africano. É un estado sen costa, o oitavo máis extenso de África, cunha área de 1 240 000 km2. A poboación de Malí era de 19,3 millóns de persoas no ano 2018, e no 2017 estimouse que o 67% da poboación tiña menos de 25 anos. A súa capital e principal cidade é Bamaco. Limita ao noroeste con Mauritania, ao norte con Alxeria, ao leste con Níxer, ao sur con Burkina Faso, Costa do Marfil e Guinea, e ao oeste co Senegal. Constituída por oito rexións, Malí ten as súas fronteiras do norte no medio do Sahara, mentres que a zona meridional, onde vive a maior parte da poboación, está na beira dos ríos Níxer e Senegal. A estrutura económica do país céntrase na agricultura e a pesca. Algúns dos recursos naturais máis importantes de Malí son o ouro, sendo o terceiro maior produtor do continente africano, e o sal. A metade da poboación vive baixo o limiar de pobreza internacional, establecido en 1,25 dólares por día.

O actual territorio maliano foi sede dos tres imperios de África occidental que controlaron o comercio transahariano: o Imperio de Ghana, o Imperio de Malí e o Imperio Songai. Durante a súa época dourada, salientaron nas matemáticas, na astronomía, na literatura e na arte. Durante o seu máximo apoxeo en 1300, o Imperio de Malí abranguía unha área que duplicaba o tamaño da actual Francia e chegaba até a costa oeste de África. A finais do século XIX, Malí caeu baixo dominio de Francia, pasando a formar parte do Sudán francés. En 1959 conseguiu a súa independencia canda o Senegal, converténdose así na Federación de Malí, a cal remataría un ano despois. Tras un tempo no que existía un único partido político, un golpe de Estado en 1991 comportou a creación dunha nova constitución e o estabelecemento de Malí como unha nación democrática cun sistema pluripartidista.

En xaneiro de 2012, un conflito armado estourou no norte de Malí, no cal rebeldes tuaregs tomaron o control do territorio do norte, e en abril declararon a secesión dun novo estado, Azawad. O conflito agravouse por mor dun golpe militar que se produciu en marzo e pola posterior loita entre os tuaregs e outras faccións rebeldes. En resposta á perda de control no territorio, o exército francés lanzou a operación Serval en xaneiro de 2013. Un mes despois, as forzas malianas e francesas recuperaron o control da maioría do territorio norte. As eleccións presidenciais celebráronse o 28 de xullo de 2013, cunha segunda rolda celebrada o 11 de agosto, e as eleccións lexislativas celebráronse o 24 de novembro e o 15 de decembro de 2013.

O 18 de agosto de 2020 produciuse un golpe de estado en Malí. O presidente e o primeiro ministro da nación foron arrestados polos militares logo de protestas polos continuos problemas económicos e o empeoramento da situación de seguridade nacional, e o día seguinte ámbolos dous renunciaron.

Where can you sleep near Malí ?

Booking.com
489.876 visits in total, 9.197 Points of interest, 404 Destinos, 41 visits today.