Context of Libia

Libia (en árabe: ‏ليبيا‎ Lībiyā, en bérber: Libya), é un país situado na rexión do Magreb no Norte de África. Ás beiras do mar Mediterráneo ao norte, Libia limita con Exipto ao leste, Sudán ao sueste, Chad e Níxer ao sur, e Alxeria e Tunisia ao oeste. Na Grecia antiga, o termo Libia era utilizado nun senso máis amplo, comprendendo toda África do Norte ao oeste de Exipto.

Cunha área de ao redor de 1 800 000 quilómetros cadrados, Libia é o cuarto país máis grande de África por área e o décimo sétimo do mundo. A súa capital, Trípoli, acolle a 1,7 millóns dos 6,4 millón de cidadáns libios. As tres partes tradicionais do país son Tripolitania, Fezzan e a Cirenaica. Libia posúe ademais o moior Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) e o cuarto maior PIB per capita de África en 2009, só detrás das Seychelles, Guinea Ecuatorial e Gabón. Isto é debido principalmente ás súas reservas petrolíferas e á súa baixa poboación. Libia é un dos dez maior...Ler máis

Libia (en árabe: ‏ليبيا‎ Lībiyā, en bérber: Libya), é un país situado na rexión do Magreb no Norte de África. Ás beiras do mar Mediterráneo ao norte, Libia limita con Exipto ao leste, Sudán ao sueste, Chad e Níxer ao sur, e Alxeria e Tunisia ao oeste. Na Grecia antiga, o termo Libia era utilizado nun senso máis amplo, comprendendo toda África do Norte ao oeste de Exipto.

Cunha área de ao redor de 1 800 000 quilómetros cadrados, Libia é o cuarto país máis grande de África por área e o décimo sétimo do mundo. A súa capital, Trípoli, acolle a 1,7 millóns dos 6,4 millón de cidadáns libios. As tres partes tradicionais do país son Tripolitania, Fezzan e a Cirenaica. Libia posúe ademais o moior Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) e o cuarto maior PIB per capita de África en 2009, só detrás das Seychelles, Guinea Ecuatorial e Gabón. Isto é debido principalmente ás súas reservas petrolíferas e á súa baixa poboación. Libia é un dos dez maiores produtores de petróleo mundiais. Conseguindo a súa independencia como Reino de Libia en 1951, o estado estibo gobernado dende 1969 até 2011 por Muammar al-Gaddafi, que chegara ao poder nun golpe militar e instaurara a Jamahiriya, teorizada polo propio Gaddafi.

A mediados de febreiro de 2011, protestas e manifestacións masivas estouparon en Libia contra o goberno de Gaddafi, estourando unha guerra civil. O 26 dese mesmo mes, as forzas Anti-Gaddafi informaron que tiñan baixo o seu control varias vilas costeiras e cidades e o día seguinte, o 27 de febreiro, crearíase un organismo coñecido como Consello Nacional Libio para actuar como o "rostro político da revolución", o cal foi recoñecido o 16 de setembro do mesmo ano como único representante legal do estado.

10 things to do in Libia

Phrasebook

Con permiso
اعذرني
WC
الحمام
Mulleres
النساء
Cervexa
جعة
Homes
رجال
Tirar
سحب. شد
Encantado de coñecerte
سعيد بلقائك
Es Benvido
على الرحب والسعة
Comida
غذاء
Aberto
فتح
Por favor
لو سمحت
Como te chamas?
ما اسمك؟

Where can you sleep near Libia ?

Booking.com
492.821 visits in total, 9.215 Points of interest, 405 Destinos, 109 visits today.