Context of Kosovo

Kosovo (en albanés: Kosovë, Kosova; en serbio: Косово) é unha rexión e tamén un Estado parcialmente recoñecido co nome de República de Kosovo (en albanés: Republika e Kosovës, en serbio: Република Косово, Republika Kosovo), situado na Península dos Balcáns, ao sueste de Europa. Ten unha superficie de 10 980 km² e unha poboación estimada de 1 733 842 habitantes (2007). A súa capital é Pristina e está composto polas rexións históricas de Kosovo e Metohija. Limita cos estados de Montenegro ao noroeste, Albania ao oeste, con Macedonia do Norte ao sur e coa rexión de Serbia central ao norte.

Na antigüidade o Reino dos dardani, e posteriormente a provincia romana de Dardania estaban localizadas na rexión. Parte de Serbia, durante os anos da Idade Media construíronse moitos importantes mosteiros cristiáns, algúns dos cales son hoxe Patrimonio da Humanidade da UNESCO. A batalla de Kosovo en 1389 é considerada polos serbi...Ler máis

Kosovo (en albanés: Kosovë, Kosova; en serbio: Косово) é unha rexión e tamén un Estado parcialmente recoñecido co nome de República de Kosovo (en albanés: Republika e Kosovës, en serbio: Република Косово, Republika Kosovo), situado na Península dos Balcáns, ao sueste de Europa. Ten unha superficie de 10 980 km² e unha poboación estimada de 1 733 842 habitantes (2007). A súa capital é Pristina e está composto polas rexións históricas de Kosovo e Metohija. Limita cos estados de Montenegro ao noroeste, Albania ao oeste, con Macedonia do Norte ao sur e coa rexión de Serbia central ao norte.

Na antigüidade o Reino dos dardani, e posteriormente a provincia romana de Dardania estaban localizadas na rexión. Parte de Serbia, durante os anos da Idade Media construíronse moitos importantes mosteiros cristiáns, algúns dos cales son hoxe Patrimonio da Humanidade da UNESCO. A batalla de Kosovo en 1389 é considerada polos serbios como un momento decisivo da súa historia e identidade.

Nó século XV a rexión foi conquistada polo Imperio Otomán e permaneceu baixo control turco durante os seguintes cinco séculos. Despois da primeira guerra balcánica (1912-1913) Kosovo integrouse no Reino de Serbia. A constitución de Iugoslavia, fundada despois da primeira guerra mundial, recoñeceu á provincia Autónoma Socialista de Kosovo e Metohija (en serbio: Аутономна Покрајина Косово и Метохија, Autonomna Pokrajina Kosovo i Metohija) dentro da República Iugoslava de Serbia.

As longas tensións étnicas entre os albaneses de Kosovo (un 88% da poboación segundo datos de 2003) e as poboacións serbias deixaron un Kosovo etnicamente dividido, o que deu lugar a episodios de violencia interétnica, incluíndo a guerra de Kosovo de 1999. Esta guerra rematou coa aceptación por parte da República Federal de Iugoslavia de dar fin ao exercicio da súa soberanía á espera dunha resolución sobre o estatuto final. En virtude da resolución 1244 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, o goberno pasou ás mans da ONU coa administración da MINUK.

A primeira declaración da independencia da República de Kosovo tivo lugar en 1990, pero non foi recoñecida, agás por Albania. O 17 de febreiro de 2008 a República de Kosovo declarou unilateralmente a súa independencia como Estado propio. A República mantén o control sobre a maioría do territorio, excepto zonas como Kosovo do Norte, o maior enclave serbio baixo control das institucións da República de Serbia (ou outras estruturas paralelas subvencionadas polo goberno serbio). A República de Kosovo está recoñecida por 98 estados membros das Nacións Unidas, entre eles os Estados Unidos, Xapón e até 22 membros da Unión Europea. Serbia, ademais doutros Estados, non recoñece a secesión kosovar e considera ao territorio unha entidade gobernada pola ONU dentro da súa soberanía, malia declarar a Corte Internacional de Xustiza que a conversión en Estado de Kosovo non vulnera a legalidade internacional.

More about Kosovo

Basic information
  • Currency Euro
  • Calling code +383
  • Mains voltage 230V/50Hz
Population, Area & Driving side
  • Population 1883018
  • Area 10909
  • Driving side right

Where can you sleep near Kosovo ?

Booking.com
489.394 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 32 visits today.