Context of Ecuador

Ecuador (en quechua: Ikwayur; en shuar: Ekuatur), oficialmente República del Ecuador, é un país de América do Sur, limitado ó norte por Colombia, ó leste e sur polo Perú e ó oeste polo Océano Pacífico. Alén do territorio continental, Ecuador posúe tamén as illas Galápagos, sendo o territorio continental máis próximo daquelas illas.

Ecuador é un país multiétnico, con gran riqueza cultural, natural e arqueolóxica; situado en plena liña ecuatorial, a latitude cero. Ten 256.370 quilómetros cadrados de superficie, o que evidencia que é o estado máis miúdo dos países andinos, mais aínda así conta cunha gran biodiversidade.

A súa capital é San Francisco de Quito, sede dos principais entes estatais e do Goberno Nacional e a súa maior cidade é Santiago de Guayaquil, peirao marítimo principal e importante centro económico. Divídese en 24 provincias, distribuídas en catro rexións naturais: Amazonía, Costa, S...Ler máis

Ecuador (en quechua: Ikwayur; en shuar: Ekuatur), oficialmente República del Ecuador, é un país de América do Sur, limitado ó norte por Colombia, ó leste e sur polo Perú e ó oeste polo Océano Pacífico. Alén do territorio continental, Ecuador posúe tamén as illas Galápagos, sendo o territorio continental máis próximo daquelas illas.

Ecuador é un país multiétnico, con gran riqueza cultural, natural e arqueolóxica; situado en plena liña ecuatorial, a latitude cero. Ten 256.370 quilómetros cadrados de superficie, o que evidencia que é o estado máis miúdo dos países andinos, mais aínda así conta cunha gran biodiversidade.

A súa capital é San Francisco de Quito, sede dos principais entes estatais e do Goberno Nacional e a súa maior cidade é Santiago de Guayaquil, peirao marítimo principal e importante centro económico. Divídese en 24 provincias, distribuídas en catro rexións naturais: Amazonía, Costa, Sierra, e Región Insular. En Ecuador existen 55 volcáns, 14 en estado activo, 14 volcáns inactivos e 42 pasivos, sendo o volcán máis alto o Chimborazo, con 6.310 msnm. É o estado coa máis alta concentración de ríos por milla cadrada no mundo. É tamén o principal exportador de plátano a nivel mundial e un dos principais exportadores de flores, camaróns e cacao.

More about Ecuador

Basic information
  • Currency Dólar estadounidense
  • Calling code +593
  • Internet domain .ec
  • Mains voltage 120V/60Hz
  • Democracy index 6.13
Population, Area & Driving side
  • Population 16938986
  • Area 255586
  • Driving side right

Where can you sleep near Ecuador ?

Booking.com
8.941.860 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 1.889 visits today.