Context of Ancara

Ancara (en turco: Ankara) é a capital de Turquía. Tamén é a capital da provincia de Ancara, na rexión da Anatolia Central. A cidade tiña 3.582.000 habitantes no 2003 e cunha poboación de 4.140.890 habitantes no 2007, o que a converte na segunda cidade máis populosa de Turquía tras Istambul. É sede do parlamento turco, dos ministerios e das demais institucións gobernamentais, como tamén das embaixadas estranxeiras.

Ancara foi coñecida por varios nomes a través dos séculos: os hititas chamábana Ankuwash antes do 1200 a. C., os gálatas e os romanos chamárona Ancyra e nos períodos clásico, helenístico e bizantino era coñecida como Ἄγκυρα Ánkyra. Tamén recibiu o nome de Angora ou Engürü despois da súa conquista polos selxúcidas en 1073, e así foi coñecida até 1930.

Localizada en Anatolia central, Ancara é un importante centro comercial e industrial, a 938 metros de altura situado nun outeiro na beira esquerda r...Ler máis

Ancara (en turco: Ankara) é a capital de Turquía. Tamén é a capital da provincia de Ancara, na rexión da Anatolia Central. A cidade tiña 3.582.000 habitantes no 2003 e cunha poboación de 4.140.890 habitantes no 2007, o que a converte na segunda cidade máis populosa de Turquía tras Istambul. É sede do parlamento turco, dos ministerios e das demais institucións gobernamentais, como tamén das embaixadas estranxeiras.

Ancara foi coñecida por varios nomes a través dos séculos: os hititas chamábana Ankuwash antes do 1200 a. C., os gálatas e os romanos chamárona Ancyra e nos períodos clásico, helenístico e bizantino era coñecida como Ἄγκυρα Ánkyra. Tamén recibiu o nome de Angora ou Engürü despois da súa conquista polos selxúcidas en 1073, e así foi coñecida até 1930.

Localizada en Anatolia central, Ancara é un importante centro comercial e industrial, a 938 metros de altura situado nun outeiro na beira esquerda río Enguri Su, afluente do río Sakaria. No cumio do outeiro están as ruínas da antiga cidadela, ademais na cidade quedan algúns monumentos greco-romanos e bizantinos, os máis coñecidos son o teatro romano e o templo de Roma e de Augusto. A cidade era famosa pola la das cabras de pelo longo das que se obtiña a la de angora.

Where can you sleep near Ancara ?

Booking.com
489.373 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 11 visits today.