الصحراء الكبرى

( Deserto do Sáhara )

O Deserto do Sáhara (en árabe الصحراء الكبرى‎, aṣ-Ṣaḥrāʾ al-Kubrā, que significa o Gran Deserto) é o segundo maior deserto do mundo (despois do da Antártida), localizado no norte de África, cunha área total de 9 065 000 km2, sendo apenas un pouco menor que a de Europa (10 400 000 km2).

O nome Sáhara é unha transliteración do árabe صحراء, (Sahhra) que á súa vez é a tradución da palabra tuareg teneriwe ('os desertos', de onde lle vén o nome ó deserto do Teneré). Viven preto de 2,5 millóns de persoas na área do Sáhara, distribuídas pola Mauritania, Marrocos, Sáhara Occidental, Libia, Exipto, Malí, Níxer, Alxeria, Tunisia, Sudán e Chad.

As fronteiras do Sáhara son: o océano Atlántico ao oeste, as montañas do Atlas e o mar Mediterráneo ao norte, o mar Vermello ao leste e o val do río Níxer ao sur.

O Sáhara divide o continente africano en dous: África Norte e Subsahariana . ...Ler máis

O Deserto do Sáhara (en árabe الصحراء الكبرى‎, aṣ-Ṣaḥrāʾ al-Kubrā, que significa o Gran Deserto) é o segundo maior deserto do mundo (despois do da Antártida), localizado no norte de África, cunha área total de 9 065 000 km2, sendo apenas un pouco menor que a de Europa (10 400 000 km2).

O nome Sáhara é unha transliteración do árabe صحراء, (Sahhra) que á súa vez é a tradución da palabra tuareg teneriwe ('os desertos', de onde lle vén o nome ó deserto do Teneré). Viven preto de 2,5 millóns de persoas na área do Sáhara, distribuídas pola Mauritania, Marrocos, Sáhara Occidental, Libia, Exipto, Malí, Níxer, Alxeria, Tunisia, Sudán e Chad.

As fronteiras do Sáhara son: o océano Atlántico ao oeste, as montañas do Atlas e o mar Mediterráneo ao norte, o mar Vermello ao leste e o val do río Níxer ao sur.

O Sáhara divide o continente africano en dous: África Norte e Subsahariana . A fronteira sahariana ao sur é marcada por unha faixa semiárida de sabana chamada Sahel, e ao sur de Sahel encontrase a rexión chamada o Sudán.

Os seres humanos viviron na extremidade do deserto durante case 500.000 anos. Durante a última Idade do xeo, o deserto do Sáhara foi (como o leste africano en xeral) máis húmido do que é agora. Fósiles de dinosauros foron encontrados alí. O Sáhara moderno, xeralmente, está exento de vexetación excepto no val do río Nilo, nuns poucos oasis e nalgunhas montañas dispersas.

Historia Nubios
 
Vista de Mzab, unha cidade santa amurallada no Sáhara alxeriano.

Estímase que arredor do ano -95000 e antes do comezo da desertización do norte de África, a zona que actualmente é o Sudán central foi un foco importante de poboación que se expandiu e habitou o que hoxe é o deserto de Sáhara.

Polo -5000, os pobos que habitaban a rexión de Nubia, tiveron un papel moi activo na chamada "revolución agrícola", adoptando un estilo de vida sedentario e comezando a domesticación de diversos animais e plantas. Na arte rupestre sahariana atópanse numerosas representacións gandeiras e pastorais, que son indicio dun posíbel culto ó gando como o que aínda perdura no Sudán e noutras sociedades gandeiras de África.[1]

Os megálitos atopados en Nabta Playa son exemplos dos que posibelmente sexan os primeiros observatorios arqueoastronómicos do mundo, con preto de 2.000 anos máis de antigüidade que o monumento de Stonehenge.[2] A complexidade do conxunto de Nabta Playa indica un alto grao de desenvolvemento das sociedades que se asentaron en Nabta e no Imperio Antigo de Exipto.[3]

Exipcios

Cara o -6000, os exipcios do período pre-dinástico comezaron a desenvolver unha economía baseada na cría de gando e na edificación de grandes construcións. A subsistencia da súa sociedade dependía tamén da produción de cereais na ribeira do Nilo, en gran medida dependentes das enchentes do río. O tipo de gando principal era o bovino, caprino, ovino e porcino, e os obxectos de metal axiña empezan a substituír os de pedra. O curtido de peles, a produción de cerámica e tecidos eran comúns nesta época tamén. Tamén hai indicios que indican unha ocupación temperá do Faiyum no -6000. Puntas de frecha, coitelos e outros utensilios de caza e pesca son abondosos na zona.[4] Obxectos cerimoniais de enterro como cerámicas, xoias, equipos de caza e alimentos variados aparecen con frecuencia e parecen ser os precursores dos ritos de preservación exipcios posteriores.

Arredor do ano -3400, o Sáhara torna seco como na actualidade, principalmente debido a unha pronunciada redución das precipitacións e un aumento das temperaturas por mor dun cambio na órbita da Terra. Isto fixo do deserto unha barreira case impenetrábel para os seres humanos, ficando só algúns asentamentos espallados arredor de oasis e cun movementos comerciais ocasionais a través do deserto. Unha das excepcións a esta desertización deuse no val do Nilo.

Fenicios
Artigo principal: Historia do Sáhara Occidental.

Os fenicios foron un pobo de orixe semítica que habitaron na Fenicia, no norte da rexión hoxe coñecida como Líbano. Prosperaron entre o -1200 e -800 e fundaron colonias nas costas do mar Mediterráneo e durante longo tempo dominaron o comercio nas súas augas, así como se asentaron no norte do Sáhara, xunto cos habitantes da Antiga Libia, que son os antergos dos actuais pobos de fala bérber entre os que se inclúen os tuaregs do centro do Sáhara.

 
Tuaregs viaxando na caravana do sal Azalai.

O alfabeto fenicio semella ser o antecesor do alfabeto tifinagh, que aínda é empregado polos tuareg de fala bérber do centro do Sáhara.

Nalgún momento entre o -633 e -530, o explorador cartaxinés Hannón o Navegante reforzou algunhas colonias fenicias no Sáhara Occidental, pero as súas ruínas desapareceron sen deixar rastro.

Gregos e cartaxineses

En torno do 500 a.C., os gregos chegan ó deserto, establecendo puntos comerciais ó longo da costa oriental do Sáhara e xunto ó Mar Vermello. Tamén os cartaxineses exploraron a costa atlántica do deserto, mais a turbulencia das augas e a escaseza de mercados fixo que non se asentasen de xeito permanente máis ó sur do Marrocos actual. Por outra banda, as incursións dos pobos nómades bérberes eran unha preocupación constante para os pobos situados no bordo do deserto.

Civilización urbana
 
Mercado na principal praza de Ghardaïa (1971).

A civilización urbana dos garamantes xurdiu ó redor do 500 a.C. no corazón do Sáhara, nun val que hoxe se coñece como Wadi al-Ajal en Fezzan, Libia. Os garamantes acadaron un desenvolvemento alto e realizaron importante obras de enxeñaría facendo canalizacións para traer auga dende as montañas até os campos. Tiveron un gran crecemento de poboación e conquistaron os pobos veciños, facéndoos escravos e utilizándoos para ampliar as canalizacións de auga.

Tanto os gregos clásicos como os antigos romanos coñecían da existencia dos garamantes e considerábanos como nómades incivilizados. Con todo, facían comercio e con eles. Proba destes contactos é unha bañeira romana atopada nas ruínas de Garama, a antiga capital dos garamantes. Oito grandes vilas e outros importantes asentamentos foron atopados no antigo territorio dos garamantes. Crese que a civilización colapsou despois de esgotar a auga dispoñíbel nos acuíferos e non puido soster o esforzo para ampliar as canalizacións dende as montañas.[5]

Bérberes
 
Zaouïa na entrada de Taghirt, Alxeria.

Os pobos bérberes habitaron e aínda habitan gran parte do Sáhara. Os bérberes garamantes construíron un próspero imperio no corazón do deserto.[6] Os nómades tuaregs son descendentes dos bérberes e continúan vivindo en case todo o centro e occidente do deserto do Sáhara e o norte e centro do Sahel.

Conquista árabe e expansión do islam
Artigo principal: Comercio transahariano.
 
Representación dunha caravana transportando escravos a través do deserto.

Entre o século V e século VII, o norte do Sáhara estaba gobernado polo Imperio Bizantino. Cando a conquista musulmá do norte de África comezou a mediados do século VII e comezos do VIII, a influencia árabe e islámica expandiuse rapidamente polo Sáhara. Xa no ano 641 todo o Exipto estaba baixo dominio árabe. Isto intensificou o comerciou no deserto e os reinos do Sahel, especialmente o Imperio de Gana e o Imperio de Malí, enriquecéronse coa exportación de ouro e sal ó norte de África. Tanto dende os emiratos radicados no Mediterráneo como dende o propio Sáhara exportábanse cabalos, sal e outros bens. Este proceso converteu as comunidades illadas dos oasis en centros importantes de intercambio e comercio baixo o control dos imperios no bordo do deserto. Tamén era importante o comercio árabe de escravos. Estímase que entre os séculos X e XIX o tráfico de escravos ascendía a unhas 6.000 e 7.000 persoas cada ano.[7]

 
Home tuareg montado nun dromedario.

Este tráfico perdurou durante varios séculos até o desenvolvemento en Europa das carabelas, primeiro en Portugal e despois en toda Europa occidental, monopolizando o comercio marítimo arredor do deserto até Guinea. Isto fixo que o comercio sahariano ficase marxinado.

Imperio Otomán

A partir do século XVI, as zonas costeiras do bordo do Sáhara que se corresponden cos actuais países de Alxeria, Tunisia e Libia, así como o daquela semi-autónomo reino de Exipto, foron ocupados polo Imperio Otomán. Dende 1517, Exipto foi unha parte valiosa do Imperio e facilitou ós otománs o control do val do Nilo, o Mediterráneo oriental e o norte de África. A incorporación destes territorios ó Imperio Otomán posibilitou a liberdade de circulación de bens e persoas. O comercio local aproveitou as rutas comerciais do Imperio para obter especias, ouro e sede de Oriente, produtos manufacturados de Europa e escravos e ouro de África. O árabe seguiu a ser a lingua local e a cultura islámica foi moi reforzada.

Pola súa banda, o Sahel e as zonas do sur do Sáhara constituíronse ben como estados independentes, ben como áreas controladas polos clans tuaregs.

Colonización europea

A colonización europea no Sáhara comezou no século XIX. Francia conquistou a rexencia de Alxer dos otománs en 1830, e continuou expandíndose cara o sur dende Alxeria e cara o leste dende Senegal e a conca superior do río Níxer, até incluír o que hoxe é Alxeria, Chad, Malí, Mauritania, Marrocos (1912), Níxer e Tunisia (1881). O Imperio Colonial francés foi a entidade política dominante no Sáhara e estableceu rutas aéreas regulares que conectaron Europa e África.

Pola súa banda, o Exipto de Muhammad Ali e os seus sucesores conquistou Nubia entre 1820 e 1822, fundou Khartún en 1823 e conquistou Darfur en 1874. Posteriormente, tanto Exipto como Sudán pasaron a ser un protectorado británico en 1882. Como resultado da Guerra Mhadista, o Reino Unido e Exipto perderon o control do Sudán entre 1882 e 1898. Finalmente, foi novamente ocupado polas tropas británicas en 1898 e o Sudán converteuse nun condominio anglo-exipcio.

En 1874, España ocupa o que hoxe é o Sáhara Occidental, e en 1912, Italia captura parte do territorio coñecido como Libia en tempos dos otománs.

Co fin de promover a Igrexa católica no deserto, o papa Pío IX creou o cargo de delegado apostólico do Sáhara e Sudán en 1868. No século XIX, a súa xurisdición foi reorganizada dentro Vicariato Apostólico do Sáhara.

Descolonización do Sáhara
 
Arco de rocha natural no suroeste de Libia.
 
O Sáhara hoxe.

Exipto independizouse do Reino Unido en 1936, aínda que o Tratado anglo-exipcio de 1936 permitía ó Reino Unido gorecer tropas no país e manter o condominio anglo-exipcio no Sudán. Finalmente, as forzas militares británicas foron retiradas en 1954.

A meirande parte dos estados do Sáhara acadaron a independencia despois da Segunda Guerra Mundial: Libia en 1951, Marrocos, Sudán e Tunisia en 1956, Chad, Malí, Mauritania e Níxer en 1960, e Alxeria en 1962. España retirouse do Sáhara Occidental en 1975, e foi dividido entre Mauritania e Marrocos. Mauritania abandonouno pouco despois en 1979, pero Marrocos segue a ocupar o territorio.

No período posterior á Segunda Guerra Mundial, téñense levado a cabo experiencias para empregar os recursos naturais do deserto. Destacan os depósitos de petróleo e gas natural de Alxeria e Libia, e os de fosfatos en Marrocos e Sáhara Occidental.

Anth.ucsb.edu (ed.). "History of Nubia". Consultado o 2 de agosto de 2013.  PlanetQuest: The History of Astronomy - Consultado o 2 de agosto de 2013 Late Neolithic megalithic structures at Nabta Playa Arquivado 13 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. de Fred Wendorf (1998). Fayum, Qarunian (Fayum B, about 6000–5000 BC?), Digital Egypt. Keys, David. 2004. Kingdom of the Sands. Archaeology. Volume 57 Number 2, March/April 2004. Abstract. Consultado o 13 de marzo de 2006. Mattingly et al. 2003. Archaeology of Fazzan, Volume 1 Fage, J.D. A History of Africa. Routledge, 4th edition, 2001. pg. 256
Photographies by:
Abdelaziz - CC BY-SA 4.0
Zones
Statistics: Position
316
Statistics: Rank
236872

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
129483756Click/tap this sequence: 7258

Google street view

Where can you sleep near Deserto do Sáhara ?

Booking.com
490.027 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 76 visits today.