طيسفون

( Ctesifonte )

Ctesifonte (en parto e pahlavī: Tyspwn ou Tisfun; en persa: تيسفون, Tisfun; en árabe: المدائن, al-Madāʾin, «as cidades») foi unha cidade e capital dos imperios parto e sasánida. Estaba localizada a beiras do río Tigris e foi prontamente abandonada despois da fundación de Bagdad. Chegou a ser unha das cidades máis importantes da antiga rexión de Mesopotamia.

Formouse como un barrio periférico da colonia grega de Seleucia do Tigris, á que acabou absorbendo e creando unha nova cidade, que é denominada por algúns autores como Seleucia-Ctesifonte. Posteriormente, ao redor da antiga Ctesifonte e outros asentamentos fundaríase a cidade de Madain. Actualmente parte dos restos sobreviventes atópanse dentro da cidade iraquí de Salman Pak.

Historia
 
Ruínas de Ctesifonte nun selo iraquí de 1923.

O primeiro asentamento na zona foi a colonia grega de Seleucia, fundada no 312 a. C. por Seleuco I Nicátor –un dos xenerais do rei Alexandre Magno– sobre a beira occidental do Tigris, nun punto estratéxico pola súa proximidade á ruta da seda. O crecemento da cidade fixo que para o ano 221 a. C., xa houbese un novo barrio desta na beira occidental do Tigris.

No ano 147 a. C. os partos atacaron por primeira vez Seleucia e foi definitivamente conquistada en 141 a. C. Con todo, os partos no ano 129 a. C. deciden que na beira oriental do Tigris e xusto enfronte de Seleucia, van chantar a súa nova capital, xusto onde se atopaba o suburbio que xa se coñecía como Ctesifonte.

No ano 115 a. C., catorce anos despois, a nova capital estaba practicamente urbanizada e os reis partos trasladaron a súa corte á cidade, que foi medrando e ampliándose até mesturarse coa antiga colonia grega.

 
Localización de Seleucia e Ctesifonte.

Durante o século I a. C., a cidade Seleucia-Ctesifonte era unha mestura cultural cosmopolita con entre outros, partos, persas, iranianos, babilonios, gregos, xudeus, asirios, árabes ou turcos.  

Na Antigüidade Babilonia foi a metrópole de Asiria; pero a metrópole é agora Seleuceia, é dicir, Seleucia do Tigris, como se lle chama. Cerca hai unha poboación chamada Ctesifón, unha gran poboación. Alí adoitan ter a súa residencia de inverno os reis partos, non molestando os Seléucidas, para que estes non estiveran oprimidos tendo o pobo e exército escita entre eles. Así pois, debido ao poder parto, Ctesifón é máis ben unha cidade; o seu tamaño é tal que acolle un gran número de xente e os mesmos partos equipárona con edificios. Equipárona tamén con mercadorías para vender e coas artes que compracen os partos; así os reis partos teñen o costume de pasar aquí o inverno pola salubridade do seu aire, pero o verán en Ecbatana e en Hircania polo predominio do seu antigo renome.
Estrabón XVI, 1, 16

Durante este século iniciouse a construción da Canle de Nahrawan.

Debido á súa importancia, a cidade foi obxectivo militar destacado para o Imperio romano nas súas guerras orientais. De tal forma que a cidade foi sometida polos romanos ou o seu estado sucesor, o Imperio bizantino, até cinco veces na súa historia.

O emperador Traxano conquistou a cidade no ano 116; despois dun ano de ocupación, o seu sucesor Hadriano non tivo outra alternativa que devolvela en 117 como parte dun tratado de paz perpetuo cos partos.

O xeneral romano Avidio Casio volveu capturar a cidade en 164 durante a guerra romano-parta de 161-166, pero tivo que cedela cando se asinou a paz. En 197 o emperador romano Septimio Severo saqueou a cidade e trasladou milleiros dos seus habitantes para vendelos como escravos.

A finais do século III, despois de que o imperio sasánida ou segundo imperio persa, derrocasen os partos, a cidade volveu estar en guerra cos romanos. En 295, Galerio perdeu unha batalla contra os persas nas proximidades da cidade. Humillado, regresou un ano despois e obtivo unha gran vitoria, que acabou coa quinta e última toma da cidade a mans do exército romano, aínda que a devolveu a Narsés a cambio de Armenia. Sobre 325 e de novo en 410 a cidade, ou a colonia grega situada xusto enfronte, foron sede dun concilio da Igrexa Asiria de Oriente.

O emperador romano Xuliano o Apóstata morreu ante as murallas da cidade en 363 durante a guerra contra Sapor II. Finalmente, o emperador bizantino Heraclio cercou en 627 a cidade, capital do Imperio Sasánida, liberándoa unha vez que os persas aceptasen os seus termos de paz.

Madain
Artigo principal: Madain.

Os musulmáns conquistaron Ctesifonte nun asedio relativamente breve en 637 baixo o mando militar de Sa'ad ibn Abi Waqqas, e chamárona «a cidade vella» (al-Madina al-Atika) e conxuntamente con outros asentamentos próximos, formaron Madain (al-Madain, As Cidades, en árabe: المدائن) baixo os califatos dos omeias e abbásidas. Durante os últimos anos foi residencia do exilarca xudeu e o catholicós nestoriano.

O historiador Abu'l-Hasan al-Mada'ini (753 – logo do 830) pasou parte da súa vida na cidade, de cuxo nome árabe (al-Madáin) provén o seu propio.[1]

Aínda que non se maltratou a poboación xeral, a antiga cidade de Ctesifonte sufriu un rápido declive debido á perda de poder económico e político, especialmente tras a fundación de Bagdad, a capital abbassida no século VIII, até converterse nunha cidade abandonada. Crese que nela está baseada a cidade de Isbanir do conto oriental d'As mil e unha noites.

Actualmente Madain derivou en parte á nova cidade iraquí de Salman Pak, a uns vinte quilómetros da antiga Ctesifonte e quince de Bagdad.

Entre 1915 e 1916 librouse nas ruínas da cidade a batalla de Ctesifonte, unha das maiores operacións da Primeira Guerra Mundial. Alí, o Imperio otomán venceu as tropas do Reino Unido que tentaban tomar Bagdad e fixéronas retroceder uns sesenta quilómetros antes de atrapar as forzas británicas e forzalas a renderse.

KENNEDY, Hugh (2007): Las grandes conquistas árabes. — Crítica, Barcelona, 2007, páx. 268. ISBN 978-84-8432-931-2
Photographies by:
Zones
Statistics: Position
606
Statistics: Rank
160297

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
429731865Click/tap this sequence: 5172

Google street view

Where can you sleep near Ctesifonte ?

Booking.com
489.954 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 3 visits today.