Koala ( Coala )

O coala (Phascolarctos cinereus) é un marsupial herbívoro nativo de Australia. É a única especie da familia dos fascolárctidos, e o seu familiar máis próximo é o uombat. Este animal vive en zonas costeiras das rexións do leste e do sur de Australia, nos estados de Queensland, Nova Gales do Sur, Victoria e Australia Meridional. É doado recoñecelo polo seu corpo robusto sen cola e a unha gran cabeza con orellas redondeadas e peludas e un gran nariz con forma de culler. Os coalas poden chegar a medir entre 60 e 85 cm e acadar de 4 a 15 kg de peso. A cor da súa pelaxe varía dende o gris prateado ata o marrón chocolate. Os membros das poboacións máis ó norte adoitan ser máis pequenos e de cores máis claras que os do sur, dando lugar a posibilidade de que sexan subespecies distintas, aínda que isto está en discusión.

Os coalas habitan en zonas abertas de bosques de eucaliptos, e as follas destas árbores conforman a maioría da súa dieta. Xa que esta dieta fornece un contido limitado de nutrientes e calorías, os coalas levan unha vida sedentaria e adoitan durmir unhas 20 horas ó día. Son animais sociais e os lazos familiares existen só entre as nais e as crías que dependen delas. Os machos adultos comunícanse por medio de fortes ruxidos que intimidan os rivais e atraen ás femias. Os machos tamén marcan a súa presenza por medio de secrecións usando unhas glándulas que teñen no peito. Sendo marsupiais, as crías nacen sen estar aínda desenvolvidas por completo e sóbense ó marsupio das súas nais, onde permanecen durante os primeiros seis ou sete meses de vida. Estas crías destétanse por completo cando chegan ó ano de idade. Os coalas teñen poucos predadores naturais e padecen de poucos parasitos, pero si son vulnerables a diversos patóxenos como as bacterias da familia Chlamydiaceae e o retrovirus coala así como ós incendios e secas.

Ler máis

Existen probas de que os aborixes australianos xa cazaban estes animais, que tamén aparecen na mitoloxía aborixe así como en pinturas rupestres que datan de varios miles de anos. O primeiro encontro rexistrado entre os europeos e un coala tivo lugar no ano 1798, e o naturalista George Perry publicou a primeira imaxe destes animais en 1810. O botánico Robert Brown foi o autor da primeira descrición científica detallada da especie en 1814, aínda que esta non se publicou ata 180 anos despois. O artista John Gould ilustrou e realizou tamén unha descrición do coala, e outros científicos ingleses publicaron máis detalles da bioloxía deste animal no século XIX. Por mor da súa aparencia característica, o coala está recoñecido mundialmente como un símbolo nacional de Australia. Esta especie está listada como "Vulnerable" na clasificación da IUCN, e o goberno australiano tamén declarou as poboacións de Queensland, Nova Gales do Sur e o distrito da Capital como especie vulnerable. Nos comezos do século XX este animal cazábase en grandes cantidades pola súa pelaxe, e os sacrificios a grande escala que tiveron lugar en Queensland deron como resultado un escándalo público que iniciou un movemento a prol da protección da especie. Grazas a isto establecéronse diversos santuarios animais e leváronse a cabo esforzos para repoboar rexións nas que as poboacións de coala estaban fragmentadas ou reducidas.

Destinos