As Illas Chelbacheb (tamén coñecidas como Illas Roca) son un pequeno arquipélago de 200 a 300 illas de pedra calcaria en Palau, entre as illas de Koror e Peleliu. As illas están formadas dun arrecife de coral parcialmente emerxido e están deshabitadas, pero son famosas polas súas praias e bosques tropicais e pola peculiar forma na maioría das illas.

O arquipélago divídese en sete grupos distribuídos de norte a sur.

  • Illas Ulubsechel (6 km²): situado ao noroeste e xusto ao sur da illa de Koror. Está conformado por 20 illas;
  • Illas Urukthapel ou Ngeruktabel (25 km²): ao suroeste de Ulubsechel e conformado por 80 illas, do cal sobresae a illa de Ngerukthable;
  • Illas Ulong (0,08 km²): quince illas situadas ao oeste de Urukthapel;
  • Illas Mecherchar (19 km²): 70 illas situadas ao sur de Ngeruktabel, do cal sobresae a illa de Eil Malk. Nesta illa está situado o chamado Lago das Medusas.
  • Illas N...Ler máis

  • Illas Ngerukeuid ou Seventy Islands (0,2 km²): 40 illas situadas ao oeste de Mecherchar;
  • Illas Ngemelis (0,9 km²): 20 illas situadas ao sur de Ngerkeuid, sobresae a illa de Dmasech;
  • Illas Ngeroi (1,2 km²): no extremo meridional do arquipélago, a só 5 km ao norte do estado de Peleliu. Consiste en cinco illas.
Photographies by:
Tetsuji Sakakibara - CC BY-SA 2.0
Statistics: Position
469
Statistics: Rank
323360

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
842165379Click/tap this sequence: 1317
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Chelbacheb ?

Booking.com

What can you do near Chelbacheb ?

9.002.927 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 266 visits today.