O Checkpoint Charlie é o máis famoso dos pasos fronterizos do Muro de Berlín entre 1945 e 1990. Atópase na Friedrichstraße, e abría o paso á zona de control estadounidense coa soviética, onde actualmente únense os barrios de Mitte e Kreuzberg. Só se permitía o seu uso a empregados militares e de embaixadas dos aliados, estranxeiros, traballadores da delegación permanente da RFA e funcionarios da RDA.

A denominación Charlie procede do alfabeto fonético da OTAN, e é a súa terceira letra. Checkpoint Alpha era o paso de autoestrada en Helmstedt, Checkpoint Bravo o paso de autoestrada en Dreilinden.

Como consecuencia do intento por parte da xefatura do SEDE de restrinxir os dereitos que como aliados tiñan en Berlín os poderes occidentais, en outubro de 1961 tanques soviéticos e estadounidenses se posicionaron enfrontados con munición pesada.

O Checkpoint Charlie foi escenario de fuxidas espectaculares do Berlín Leste, algunhas especialment...Ler máis

O Checkpoint Charlie é o máis famoso dos pasos fronterizos do Muro de Berlín entre 1945 e 1990. Atópase na Friedrichstraße, e abría o paso á zona de control estadounidense coa soviética, onde actualmente únense os barrios de Mitte e Kreuzberg. Só se permitía o seu uso a empregados militares e de embaixadas dos aliados, estranxeiros, traballadores da delegación permanente da RFA e funcionarios da RDA.

A denominación Charlie procede do alfabeto fonético da OTAN, e é a súa terceira letra. Checkpoint Alpha era o paso de autoestrada en Helmstedt, Checkpoint Bravo o paso de autoestrada en Dreilinden.

Como consecuencia do intento por parte da xefatura do SEDE de restrinxir os dereitos que como aliados tiñan en Berlín os poderes occidentais, en outubro de 1961 tanques soviéticos e estadounidenses se posicionaron enfrontados con munición pesada.

O Checkpoint Charlie foi escenario de fuxidas espectaculares do Berlín Leste, algunhas especialmente tráxicas como a morte de Peter Fechter, desangrado en 1962 ante os ollos dos que habitaban Berlín Oeste.

O punto de control foi demolido o 22 de xuño de 1990, de xeito que agás o Museo do Muro do Checkpoint Charlie non quedou nada que o lembrase, ata o 13 de agosto de 2000, cando se inaugurou unha reconstrución da primeira caseta de control, idéntica salvo nos sacos de area, que agora están recheos de cemento.

Na actualidade, o Checkpoint Charlie é unha das atraccións turísticas de Berlín. Á parte do posto, tamén pódese ver o museo adicado á historia do muro, a derradeira bandeira do Kremlin e varios anacos do muro de Berlín. Do 31 de outubro de 2004 ata o 5 de xullo de 2005, houbo tamén un polémico monumento ás vítimas do réxime da RDA.

Photographies by:
Adrian Purser from London, UK - CC BY-SA 2.0
Statistics: Position
943
Statistics: Rank
226820

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
283916574Click/tap this sequence: 1514
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Checkpoint Charlie ?

Booking.com

What can you do near Checkpoint Charlie ?

8.945.285 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 3.233 visits today.