Carcassonne

( Carcasona )

Carcasona (en francés: Carcassonne; en occitano: Carcassona [karkasuno]) é un concello francés localizado no departamento de Aude, na rexión Languedoc-Rosellón. É unha cidade que contaba con 43 950 habitantes no ano 1999, sendo a capital (préfecture) do seu departamento. É coñecido baixo o apelativo "la Cité de Carcassonne" (A Cidadela de Carcasona) un conxunto arquitectónico medievo moi ben conservado e rexistrado no patrimonio mundial da UNESCO dende o ano 1997.

Historia Historia antiga

Fundada durante o Período Galorromano, a cidadela recibe a súa reputación dos seus 3 km. de muros circundantes dobres intercalados por 52 torres.[1] A cidade ten uns 2.500 anos de historia e ocupouse en diferentes idades por romanos, visigodos e Cruzados. Ao comezo da súa historia era un asentamento galo, entón no século III d.C., os romanos decidiron transformalo nunha cidade fortificada.[2] As defensas romanas estaban en marcha no 333 d.C., cando a cidade é descrita como un castellum. Os muros orixinais estaban apoiados por entre 34 e 40 torres, espazadas entre 18 e 30 metros ao longo do muro cortina. Cada torre era de planta semicircular e tiña uns 14 metros de altura. Probablemente había 40 entradas principais á cidade.

As murallas galorromanas reconstruíronse durante a ocupación da vila polos visigodos nos séculos V e VI, pero a estrutura orixinal mantívose no seu lugar.

Bernard Aton IV Trencavel, vizconde de Albi, Nîmes e Béziers, iniciou un período de prosperidade para a cidade con numerosos proxectos de construcións. Durante este período, unha nova seita coñecida como Catarismo xurdiu en Languedoc. En 1096, o vizconde de Trencavel autorizou a construción da Basílica de Saint-Nazaire coa bendición do Papa Urbano II. En 1107, os cidadáns rexeitaron a súa soberanía e pediron a Ramón Berenguer III, conde de Barcelona que o destituira. Porén, coa axuda de Bertrand, Conde de Tolosa, Bernard Aton recuperou o control da Cidadela. En 1120, houbo unha segunda revolta, pero Bernard Aton restableceu a orde poucos anos despois. En 1130, comezou a construír un palacio para si e a restauración das fortificacións galorromanas. A Cidade de Carcasona rodeouse por primeira vez por unha fortificación completa.

Neste momento, a cidade tiña unha poboación de tres a catro mil habitantes, incluíndo os residentes dos dous asentamentos baixo os muros da Cité: o bourg Saint-Vincent ao norte e o bourg Saint-Michel ao sur da porta de Narbón.

En 1208, o Papa Inocencio III chamou aos baróns do norte a montar unha cruzada contra os cátaros, comezando coa Cruzada albigense. O conde de Tolosa, acusado de herexía, así como o seu principal vasalo, o vizconde de Trencavel, foron o principal obxectivo deste ataque. O 1 de agosto de 1209, a Cité foi asediada polos cruzados. Raimond-Roger Trencavel rendeuse rapidamente o 15 de agosto a cambio da vida dos cidadáns. A cidade arredor da Cité foi destruída e os cidadáns expulsados. O vizconde morreu de disentería no seu propio castelo o 10 de novembro de 1209.

As súas terras foron entregadas a Simon de Montfort, o líder dos cruzados. Cando morreu en 1218 no asedio de Tolosa, o seu fillo, Amaury de Montfort, tomou posesión da Cité, pero non puido mantela. Cedeuna a Luís VIII de Francia, pero Raimundo VII de Tolosa e os condes de Foix aliáronse contra el. En 1224, Raimond II Trencavel retomou a Cité. Porén, Luís VIII lanzou outra cruzada en 1226. A partir dese momento, a Cité converteuse nun dominio real. Sucedeu un período de terror, con numerosos masacres e a Inquisición.

 
A Cité vista co Pont-Vieux, construída no século XIV e clasificada como monumento histórico desde 1926

Despois de 1226, engadiuse unha liña adicional de fortificacións fóra das murallas romanas. A cidade foi finalmente anexionada ao Reino de Francia en 1247 d.C. Proporcionou unha forte fronteira francesa entre Francia e a Coroa de Aragón. Durante este período, as murallas interiores romanas foron en gran parte derrubadas e substituídas, mentres que as novas murallas exteriores foron reforzadas e ampliadas cara ao sur. As novas torres construídas durante esta obra eran principalmente circulares, pero dúas eran cadradas. A construción continuou durante o reinado de Rei Filipe IV a principios do século XIV.[3]

En 1659, despois do Tratado dos Pireneos, a provincia de Rosellón pasou a formar parte de Francia e a cidade perdeu a súa importancia militar.[4] As fortificacións foron abandonadas e a cidade converteuse nun dos centros económicos de Francia, concentrándose na industria téxtil da lá.

 
A vella ponte de Carcasona sobre o río Aude.
 
A Cidade de Carcasona (la Cité de Carcassonne), cidade fortificada.
Restauración
 
La Cité de Carcassonne de Émile Roumens (c. 1900), Musée des Beaux-Arts de Carcassonne

En 1849 o Goberno de Francia decidiu que as fortificacións da cidade debían demolerse. Esta decisión foi enérxicamente rexeitada pola poboación local. Jean-Pierre Cros-Mayrevieille e a personalidade literaria Prosper Mérimée, ambos os dous destacados arqueólogos e historiadores, levaron a cabo unha campaña para preservar a fortaleza como monumento histórico. Posteriormente o goberno revogou a súa decisión e en 1853 comezaron os traballos de restauración. O arquitecto Eugène Viollet-le-Duc foi o encargado de renovar a fortaleza.[5] A obra de Viollet-le-Duc foi criticada durante a súa vida como inadecuada para o clima e as tradicións da rexión. Despois da súa morte en 1879, o traballo de restauración continuouno o seu alumno, Paul Boeswillwald, e máis tarde polo arquitecto Nodet.[6]

 
Fogos artificiais para o Día da Bastilla en 2014
Les lieux remarquables de la Cité Arquivado 2010-12-09 en Wayback Machine., Site Officiel de la ville de Carcassonne. Retrieved 12 de maio de 2011 (en francés) Jean-Pierre Panouillé, Carcassonne: histoire et architecture, Rennes: Ouest-France, 1999, ISBN 978-2-7373-2194-8, p. 7 (en francés) Cowper, Marcus (2006), Cathar Castles: Fortresses of the Albigensian Crusade 1209-1300. Osprey Publishing, ISBN 978-1846030666 (pp. 20-21) François de Lannoy, La Cité de Carcassonne , Bayeux: Heimdal, 2004, ISBN 978-2-84048-197-3, p. 11 (en francés) Joseph Poux, La Cité de Carcassonne, précis historique, archéologique et descriptif, Toulouse: Privat, 1923, p. 50 (en francés) .php Carcassonne, cidade fortificada A61 patrimonio da humanidade – Abelard Public Education Site.
Photographies by:
Statistics: Position
1793
Statistics: Rank
69428

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
896431527Click/tap this sequence: 1161

Google street view

Where can you sleep near Carcasona ?

Booking.com
489.982 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 31 visits today.