Capela dos Ossos

A Capela dos Ossos (dos Ósos) é un coñecido monumento de Évora, en Portugal. Está situada na Igrexa de São Francisco. Foi construída no século XVII por iniciativa de tres monxes que, dentro do espírito da contra-reforma relixiosa do Concilio de Trento), pretendían transmitir a mensaxe da transitoriedade da vida, tal como se deprende do célebre aviso á entrada: "Nós ossos que aqui estamos pelos vossos esperamos". A capela, construída no local do primitivo dormitorio fradesco e está formada por 3 naves de 18,70m de longo e 11m de ancho, e a luz entra por tres pequenas fiestras do lado esquerdo.

As súas paredes e os oito piares están decorados con ósos e caveiras unidos por cemento pardo. As bóvedas son de ladrillo recuberto con xeso branco e pintadas con motivos alegóricos á morte. É un monumento dunha arquitectura penitencial de arcos ornamentados con filas de caveiras, cornixas e naves brancas. Calculouse arredor de 5000 caveiras, provenientes dos cemiterios, si...Ler máis

A Capela dos Ossos (dos Ósos) é un coñecido monumento de Évora, en Portugal. Está situada na Igrexa de São Francisco. Foi construída no século XVII por iniciativa de tres monxes que, dentro do espírito da contra-reforma relixiosa do Concilio de Trento), pretendían transmitir a mensaxe da transitoriedade da vida, tal como se deprende do célebre aviso á entrada: "Nós ossos que aqui estamos pelos vossos esperamos". A capela, construída no local do primitivo dormitorio fradesco e está formada por 3 naves de 18,70m de longo e 11m de ancho, e a luz entra por tres pequenas fiestras do lado esquerdo.

As súas paredes e os oito piares están decorados con ósos e caveiras unidos por cemento pardo. As bóvedas son de ladrillo recuberto con xeso branco e pintadas con motivos alegóricos á morte. É un monumento dunha arquitectura penitencial de arcos ornamentados con filas de caveiras, cornixas e naves brancas. Calculouse arredor de 5000 caveiras, provenientes dos cemiterios, situados en igrexas e conventos da cidade foron usadas no templo.

A capela está adicada ao Senhor dos Passos, imaxe coñecida na cidade de Évora como o Senhor Jesus da Casa dos Ossos, que impresiona pola expresividade coa que representa o sufrimento de Cristo, na súa camiñada coa cruz até ao calvario.

Photographies by:
Statistics: Position
5123
Statistics: Rank
18378

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
254731698Click/tap this sequence: 9715

Google street view

Where can you sleep near Capela dos Ossos ?

Booking.com
489.355 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 182 visits today.