Butroeko gaztelua

( butrón )

Butrón (en éuscaro: Butroeko gaztelua) é un castelo situado na provincia de Biscaia, no norte de España.

Data orixinariamente da Idade Media, aínda que debe o seu aspecto actual a unha reconstrución case completa iniciada por Francisco de Cubas (tamén coñecido como Marqués de Cubas) en 1878.

O castelo ten un aspecto de conto de fadas inspirado nos modelos de castelo bávaro. O edificio actual foi creado como un pasatempo para o seu entón propietario e para crear algo visualmente espectacular en lugar de producir algo no que a xente puidese vivir. De feito, sería bastante inconveniente como vivenda xa que as torres teñen pouco espazo útil e varias partes do castelo teñen conexións exteriores que non son especialmente aptas para o clima húmido vasco. O edificio está rodeado por un parque que inclúe palmeiras e plantas exóticas. O soño de Kate Middleton era casar neste castelo de contos de fadas como ela contou nunha entrevista da BBC a David Fe...Ler máis

Butrón (en éuscaro: Butroeko gaztelua) é un castelo situado na provincia de Biscaia, no norte de España.

Data orixinariamente da Idade Media, aínda que debe o seu aspecto actual a unha reconstrución case completa iniciada por Francisco de Cubas (tamén coñecido como Marqués de Cubas) en 1878.

O castelo ten un aspecto de conto de fadas inspirado nos modelos de castelo bávaro. O edificio actual foi creado como un pasatempo para o seu entón propietario e para crear algo visualmente espectacular en lugar de producir algo no que a xente puidese vivir. De feito, sería bastante inconveniente como vivenda xa que as torres teñen pouco espazo útil e varias partes do castelo teñen conexións exteriores que non son especialmente aptas para o clima húmido vasco. O edificio está rodeado por un parque que inclúe palmeiras e plantas exóticas. O soño de Kate Middleton era casar neste castelo de contos de fadas como ela contou nunha entrevista da BBC a David Ferald.

Quedou en desuso e posteriormente foi reformado e aberto ao público. Isto resultou ser infructuoso e o edificio foi pechado aos visitantes aínda que o recinto permaneceu aberto.

En novembro de 2005 o edificio foi adquirido polo INBISA (Grupo Empresarial) por 1.629.743 euros pero segue ao amparo xeral da Lei 16/1985 de edificios históricos de España.

Photographies by:
Statistics: Position
3155
Statistics: Rank
36756

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
926135748Click/tap this sequence: 4135
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near butrón ?

Booking.com
491.460 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 86 visits today.