Puszcza Białowieska

( Bosque de Białowieża )

O bosque de Białowieża (en belaruso: Белавежская пушча, Biełaviežskaja Pušča; en lituano: Baltvyžio giria; en polaco: Puszcza Białowieska) é unha reserva natural que se atopa nun dos últimos bosques virxes de Europa, o cal acolle un gran número de ungulados de gran tamaño, entre eles uns 800 exemplares do estraño e case extinto bisonte europeo. Dende 1945, atópase dividido administrativamente entre Polonia (onde recibe o nome de Puszcza Białowieska ) e Belarús (onde se lle chama Белавежская пушча ou Белавежа -Belavézhskaya Pushcha ou Belavezha). Ambas as partes están separadas por un valado que impide por igual o libre movemento de grandes animais como de turistas. O bosque recibe o seu nome da localidade polaca de Białowieża, a máis achegada ó seu emprazamento. A cidade belarusa de Brest atópase a 70 quilómetros do bosque en dirección su...Ler máis

O bosque de Białowieża (en belaruso: Белавежская пушча, Biełaviežskaja Pušča; en lituano: Baltvyžio giria; en polaco: Puszcza Białowieska) é unha reserva natural que se atopa nun dos últimos bosques virxes de Europa, o cal acolle un gran número de ungulados de gran tamaño, entre eles uns 800 exemplares do estraño e case extinto bisonte europeo. Dende 1945, atópase dividido administrativamente entre Polonia (onde recibe o nome de Puszcza Białowieska ) e Belarús (onde se lle chama Белавежская пушча ou Белавежа -Belavézhskaya Pushcha ou Belavezha). Ambas as partes están separadas por un valado que impide por igual o libre movemento de grandes animais como de turistas. O bosque recibe o seu nome da localidade polaca de Białowieża, a máis achegada ó seu emprazamento. A cidade belarusa de Brest atópase a 70 quilómetros do bosque en dirección sur.

Na parte belarusa do parque o bisonte non vaga en total liberdade, senón que se atopa nunha especie de zoo con zonas acoutadas onde tamén hai outros ungulados baixo vixilancia especial (entre eles, dúas híbridos de bisonte e vaca doméstica, de gran tamaño). Tamén conta cun museo, un restaurante, bares e hoteis construídos durante a época soviética. Para acceder ó parque debe obterse primeiro o permiso do Ministerio de Interior, polo que o número de turistas estranxeiros anuais (xa de seu escaso en Belarús) é bastante baixo. Nos últimos anos tratouse de promover o turismo familiar nacional mediante a construción nas proximidades da Casa de Ded Moroz ou "o avó dos fríos", a versión eslava de Santa Claus.

Na parte polaca, doutra banda, atópase o refuxio de caza persoal construído polos tsares de Rusia. Na actualidade foi reformado e acolle no seu interior un hotel, restaurante e aparcadoiros. Os turistas poden marchar polo parque a pé, en bicicleta ou en carruaxe de cabalos, sempre baixo a supervisión dun encargado. Estímase que cada ano visitan a parte polaca preto de 100.000 turistas, a pesar de que é considerablemente máis pequena que a belarusa.

Photographies by:
Ludwig Schneider - CC BY 3.0
Zones
Statistics: Position
362
Statistics: Rank
216247

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
356178294Click/tap this sequence: 6548

Google street view

Where can you sleep near Bosque de Białowieża ?

Booking.com
487.391 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 17 visits today.