شجرة الحياة (البحرين)

( Árbore da vida (Bahrain) )

A árbore da vida (Shajarat-al-Hayat) de Bahrain é unha Prosopis cineraria de 9,75 metros de alto de máis de 400 anos de idade. Está nun outeiro dunha zona árida do deserto de Arabia, a 2 quilómetros de Jebel Dukhan, o punto máis alto de Bahrain, e a 40 quilómetros de Manama, a cidade máis achegada.

A árbore está cuberta de abondosas follas verdes. Por mor da súa idade e polo feito de ser a única árbore que medra na área converteuse nunha atracción turística local e é visitada cada ano por unhas 65 000 persoas. A súa resina é usada para facer candeas, aromáticas e goma; os seus grans son procesados ​​en comida, mermelada e viño. Non se coñece con certeza como é que sobrevive a árbore. Bahrain ten pouca ou ningunha precipitación. As súas raíces miden 50 metros de profundidade, o cal podería ser abondo para acadar unha fonte de auga.

Existe a lenda de que a árbore está protexida por Enki, un deus da auga dos babilonios segundo a m...Ler máis

A árbore da vida (Shajarat-al-Hayat) de Bahrain é unha Prosopis cineraria de 9,75 metros de alto de máis de 400 anos de idade. Está nun outeiro dunha zona árida do deserto de Arabia, a 2 quilómetros de Jebel Dukhan, o punto máis alto de Bahrain, e a 40 quilómetros de Manama, a cidade máis achegada.

A árbore está cuberta de abondosas follas verdes. Por mor da súa idade e polo feito de ser a única árbore que medra na área converteuse nunha atracción turística local e é visitada cada ano por unhas 65 000 persoas. A súa resina é usada para facer candeas, aromáticas e goma; os seus grans son procesados ​​en comida, mermelada e viño. Non se coñece con certeza como é que sobrevive a árbore. Bahrain ten pouca ou ningunha precipitación. As súas raíces miden 50 metros de profundidade, o cal podería ser abondo para acadar unha fonte de auga.

Existe a lenda de que a árbore está protexida por Enki, un deus da auga dos babilonios segundo a mitoloxía sumeria. Existe outra lenda que di que a árbore se atopa no que outrora foi o xardín do Edén.

Photographies by:
Shane T. McCoy - Public domain
Statistics: Position
65
Statistics: Rank
695301

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
183965274Click/tap this sequence: 8531

Google street view

Where can you sleep near Árbore da vida (Bahrain) ?

Booking.com
489.888 visits in total, 9.197 Points of interest, 404 Destinos, 53 visits today.