O Algarve é unha rexión administrativa de Portugal, situada no sur do territorio continental, constituída dende 2003 como Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional (CCDR). Ten unha superficie de 5.412 km² e 451.005 habitantes (2011). A actual rexión do Algarve correspóndese na súa totalidade coa antiga provincia do mesmo nome e co distrito de Faro.

O Algarve divídese en 16 concellos e a súa capital é a localidade de Faro. A principal actividade económica da rexión é o turismo, atraído polas praias e o patrimonio cultural.

Historia

As rexións españolas e portuguesas outrora coñecidas por al-gharb al-Andalus (en árabe: الغرب الأندلس) eran o centro musulmán máis importante da época da "Hispania Islámica", cunha importante produción cultural, científica e tecnolóxica. Daquela, a principal cidade da rexión era Silves, que en tempos da súa conquista por parte do rei Sancho I de Portugal era case 10 veces maior e estaba máis fortificada que Lisboa. O Algarve foi a última parte do territorio de Portugal conquistado aos mouros, no ano 1249 durante o reinado de Afonso III. Segundo algúns documentos históricos, a conquista definitiva do Algarve aos mouros neste reinado, a toma da cidade de Faro, foi feita de forma relativamente pacífica. En 1267, co tratado de Badaxoz , o Algarve foi recoñecido como territorio portugués fronte ás pretensións da Coroa de Castela. Curiosamente, o nome oficial do reino resultante seria frecuentemente designado como Reino de Portugal e do Algarve, aínda que nunca foron dous reinos separados. A zona occidental do Algarve denomínase Barlavento e a oriental Sotavento. Esta designación débese ao vento predominante na costa sur do Algarve, aínda que a orixe histórica desta división é incerta e bastante remota. Na Antigüidade, os Romanos consideraban no suroeste da Península Ibérica a rexión do Cabo Cúneo, que ía dende Mértola por Vila Real de Santo António até a enseada de Armação de Pêra, e a rexión do Promontório Sacro, que abranguía o resto do Algarve. O primeiro ministro do rei Xosé I, o Marqués de Pombal, tentou efectuar unha división, nunca recoñecida polo papado romano, da diocese de Faro en dous bispados: Faro e Vila Nova de Portimão. O límite entre eles era o regato de Quarteira e o seu prolongamento en liña recta ata o Alentejo.

Photographies by:
Steven Fruitsmaak - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
3861
Statistics: Rank
28868

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
195268347Click/tap this sequence: 5642

Google street view

Where can you sleep near Algarve ?

Booking.com
489.221 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 48 visits today.