Agrigento

Agrigento (en siciliano: Girgenti) é unha cidade siciliana, capital da provincia de Agrigento, situada na costa sur da illa de Sicilia. Coñécese como o lugar onde se levantou a antiga cidade grega de Acragante (isto é, Ἀκράγας en grego, Agrigentum en latín e Kerkent en árabe), unha das cidades máis importantes da Magna Grecia durante a época de ouro da Grecia antiga. Ten uns 60.000 habitantes, e outras cidades importantes da provincia son Licata e Naro, a última das cales é coñecida polas súas ben conservadas catacumbas, ou lugares secretos para a oración dos primeiros cristiáns.

Historia

Foi fundada co nome de Akragas por gregos procedentes de Gela, orixinarios da illa de Rodas e de Creta no 580 a.C, foi unha das colonias máis importantes da Magna Grecia. No ano 406 a.C. os cartaxineses guiados por Aníbal destruíron a cidade case totalmente.

No ano 210 a.C. tras a segunda guerra púnica, pasou ao control do imperio romano co nome de Agrigentum.

A forma en lingua siciliana Girgenti foi o nome oficial da cidade ata 1927, cando Benito Mussolini impuxo unha versión latinizada.

Photographies by:
Statistics: Position
4304
Statistics: Rank
76575

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
975281643Click/tap this sequence: 8339
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Agrigento ?

Booking.com
8.715.366 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 1.504 visits today.