Context of Venecia

Venecia (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da península itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullo de 2010), é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.

O nome da cidade deriva da antiga tribo dos veneti, que viviron na rexión nos tempos de Roma. Venecia foi historicamente capital dunha cidade-estado independente. Ao longo do tempo a cidade foi coñecida con distintos alcumes: "La Dominante", "Serenissima", "a raíña do Adriático", "a cidade da auga", "a cidade das máscaras", "a cidade das pontes", "a cidade flotante" e a "cidade das canles". Hoxe está clasificada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dos moitos monumentos e locais turísticos existentes...Ler máis

Venecia (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da península itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullo de 2010), é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.

O nome da cidade deriva da antiga tribo dos veneti, que viviron na rexión nos tempos de Roma. Venecia foi historicamente capital dunha cidade-estado independente. Ao longo do tempo a cidade foi coñecida con distintos alcumes: "La Dominante", "Serenissima", "a raíña do Adriático", "a cidade da auga", "a cidade das máscaras", "a cidade das pontes", "a cidade flotante" e a "cidade das canles". Hoxe está clasificada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dos moitos monumentos e locais turísticos existentes, destacan a Basílica de San Marcos, na adxacente Praza de San Marcos, a Ponte de Rialto sobre a Gran Canle, construída en 1588 segundo proxecto de Antonio da Ponte, a Ca' d'Oro e numerosas igrexas e museos.

A cidade esténdese por 117 pequenas illas na Lagoa de Venecia ao longo do mar Adriático, entre a desembocadura do río Po (ao sur) e do río Piave (ao norte). Aínda que a poboación da cidade é de 270.516 habitantes tan só 60.000 viven nas illas do centro histórico (Centro storico), sendo a poboación en terra firme (Terraferma) de 176.000. Os restantes 31.000 viven noutras illas da lagoa.

A República de Venecia foi unha importante potencia marítima durante a Idade Media e o Renacemento, e un dos escenarios das Cruzadas e da Batalla de Lepanto, así como un importante centro de comercio (en especial seda, cereais e especias) e arte entre o século XIII e final do XVII. Todo isto fixo de Venecia unha cidade moi rica ao longo de case toda a súa historia. Venecia tamén tivo un papel importante na historia da música sinfónica e da ópera, sendo o lugar de nacemento de Antonio Vivaldi. Tamén en Venecia naceron numerosos papas, alén de numerosos artistas como Antonio Vivarini, Antonio da Ponte, Tintoretto ou Canaletto.

Where can you sleep near Venecia ?

Booking.com
489.796 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 47 visits today.