Context of Sicilia

Sicilia (en siciliano: Sicìlia) é unha rexión autónoma de Italia. É a máis grande de tódalas rexións da República e ademais a illa máis grande do mar Mediterráneo con 25.711 quilómetros cadrados. Xunto con Sardeña, a illa está clasificada oficialmente como unha rexión da Italia Insular.

Aínda que hoxe Sicilia é unha rexión de Italia, a illa foi unha cidade-estado de propio dereito, que dende Palermo, como Reino de Sicilia, chegou a dominar toda a illa, o sur de Italia e Malta. Con todo, coa unificación italiana de 1860 Sicilia converteuse nunha rexión autónoma do Reino de Italia.

Sicilia ten a súa propia cultura, especialmente con respecto ás artes, a cociña e a arquitectura. Ademais a illa posúe o seu propio idioma, o siciliano, de orixe latina. A economía siciliana baséase principalmente na agricultura (principalmente os hortos de laranxa e limón) e no turismo.

Where can you sleep near Sicilia ?

Booking.com
487.353 visits in total, 9.186 Points of interest, 404 Destinos, 38 visits today.