Context of Sardeña

Sardeña (en sardo: Sardigna, en italiano: Sardegna, en catalán: Sardenya, en corso: Sardegna) é a segunda illa máis grande do mar Mediterráneo despois de Sicilia. Cunha superficie de 24.090 km², é unha das vinte rexións de Italia, posuíndo un estatuto especial de autonomía rexional.

Sardeña ademais é unha das dúas rexións cuxos habitantes foron denominados "popolo" (pobo diferenciado) polo parlamento italiano, xunto coa rexión do Véneto. A orixe do nome da illa é incerta, mais é posible que proveña dunha tribo chamada os Sardi. Foi ademais chamada Ichnusa polos fenicios e Sandalyon polos gregos, xa que a súa forma lembra unha pisada.

Where can you sleep near Sardeña ?

Booking.com
490.011 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 60 visits today.