Context of A Rioxa

A Rioxa (en castelán: La Rioja) é unha comunidade autónoma do norte de España, uniprovincial e sen costa, atravesada polo río Ebro. Limita co País Vasco e Navarra ao norte, con Aragón ao leste e con Castela e León ao sur.

O topónimo procede do río Oja (na zona norte da comunidade), que nomea unha extensa comarca que ocupa boa parte da marxe dereita do Val do Ebro ao sopé do Sistema Ibérico. A Rioxa administrativa e comarcal non coinciden exactamente, xa que esta estrema co País Vasco, e non abrangue a parte montañosa da comunidade.

A súa poboación é de 317 501 habitantes, e a capital é Logroño, cidade duns 150 000 habitantes. Outras poboacións importantes son Calahorra, Arnedo, Haro e Alfaro.

A Rioxa é coñecida internacionalmente pola fama dos seus viños, cunha denominación de orixe estendida tamén polo sur de Áraba. Así mesmo é importante o Mosteiro de San Millán de la Cogolla, onde se atoparon os escritos máis antigos que se conservan tanto en li...Ler máis

A Rioxa (en castelán: La Rioja) é unha comunidade autónoma do norte de España, uniprovincial e sen costa, atravesada polo río Ebro. Limita co País Vasco e Navarra ao norte, con Aragón ao leste e con Castela e León ao sur.

O topónimo procede do río Oja (na zona norte da comunidade), que nomea unha extensa comarca que ocupa boa parte da marxe dereita do Val do Ebro ao sopé do Sistema Ibérico. A Rioxa administrativa e comarcal non coinciden exactamente, xa que esta estrema co País Vasco, e non abrangue a parte montañosa da comunidade.

A súa poboación é de 317 501 habitantes, e a capital é Logroño, cidade duns 150 000 habitantes. Outras poboacións importantes son Calahorra, Arnedo, Haro e Alfaro.

A Rioxa é coñecida internacionalmente pola fama dos seus viños, cunha denominación de orixe estendida tamén polo sur de Áraba. Así mesmo é importante o Mosteiro de San Millán de la Cogolla, onde se atoparon os escritos máis antigos que se conservan tanto en lingua castelá como en lingua vasca.

Where can you sleep near A Rioxa ?

Booking.com
488.987 visits in total, 9.195 Points of interest, 404 Destinos, 33 visits today.