Context of República Checa

A República Checa (en checo: Česká republika), tamén coñecida como Chequia (en checo: Česko) é un país do centro de Europa, limitado ao norte por Polonia, ao leste por Eslovaquia, ao sur por Austria e ao noroeste por Alemaña. Xunto con Polonia, Eslovaquia e Hungría, integra o Grupo Visegrád. Está formada polas rexións históricas de Bohemia, Moravia e Silesia. Bohemia, ocupa a parte occidental do país, está rodeada de montes baixos e forma unha cunca regada polos ríos Labe (Elba) e Vltava (Moldava). Moravia, ocupa parte oriental, está regada polo río Morava. Silesia, situada ao norte de Moravia, fai fronteira con Polonia.

O Estado Checo, ou as terras da Coroa de Bohemia, como era coñecido até 1918, formouse no final do século IX. Despois da Batalla de Mohács en 1526, o Reino de Bohemia foi integrado na monarquía dos Habsburgo xunto con Austria e Hungría. A república independente de Checoslovaquia formouse en 1918, tralo colapso...Ler máis

A República Checa (en checo: Česká republika), tamén coñecida como Chequia (en checo: Česko) é un país do centro de Europa, limitado ao norte por Polonia, ao leste por Eslovaquia, ao sur por Austria e ao noroeste por Alemaña. Xunto con Polonia, Eslovaquia e Hungría, integra o Grupo Visegrád. Está formada polas rexións históricas de Bohemia, Moravia e Silesia. Bohemia, ocupa a parte occidental do país, está rodeada de montes baixos e forma unha cunca regada polos ríos Labe (Elba) e Vltava (Moldava). Moravia, ocupa parte oriental, está regada polo río Morava. Silesia, situada ao norte de Moravia, fai fronteira con Polonia.

O Estado Checo, ou as terras da Coroa de Bohemia, como era coñecido até 1918, formouse no final do século IX. Despois da Batalla de Mohács en 1526, o Reino de Bohemia foi integrado na monarquía dos Habsburgo xunto con Austria e Hungría. A república independente de Checoslovaquia formouse en 1918, tralo colapso do Imperio Austrohúngaro trala Primeira Guerra Mundial. Despois de que no Pacto de Múnic (asinado pola Alemaña nazi, Francia, Reino Unido e Italia) se estabelecese unilateralmente a incorporación de Checoslovaquia á Alemaña, e por gratitude pola consecuente liberación da maior parte da República polo Exército Vermello, o Partido Comunista obtivo maioría relativa (38 %) nas eleccións de 1946.

Dous anos despois, en 1948, Checoslovaquia converteríase nunha ditadura por mor dun golpe de estado. En 1968 a crecente insatisfacción culminou nunha tentativa de reformar o réxime. Os acontecementos, coñecidos como a Primavera de Praga de 1968, terminou coa invasión por parte dos exércitos dos países do Pacto de Varsovia (coa excepción de Romanía); as tropas permaneceron no país até a Revolución de Veludo de 1989 cando o réxime se derrubou. O 1 de xaneiro de 1993, Checoslovaquia dividiuse pacificamente en dous estados, a República Checa e Eslovaquia. O 1 de maio de 2004, Chequia ingresou na Unión Europea.

Hoxe a República Checa é unha democracia representativa pluripartidista. O presidente Václav Klaus é o actual xefe de Estado, sendo Petr Nečas o Primeiro Ministro e Xefe de Goberno. O Parlamento ten dúas cámaras: a Cámara de Deputados e o Senado. Dende a súa creación a República Checa fixo reformas económicas como as privatizacións rápidas. O crecemento do seu Produto Interior Bruto (PIB) situouse en torno ao 6 % até o estalido da recente crise económica mundial. O país foi o primeiro membro da antiga COMECON en acadar o status de país desenvolvido segundo o Banco Mundial. O seu Índice de Desenvolvemento Humano (2010) sitúa a Chequia como unha nación cun "desenvolvemento humano moi alto".

More about República Checa

Basic information
  • Currency Coroa checa
  • Native name Česko
  • Calling code +420
  • Internet domain .cz
  • Mains voltage 230V/50Hz
  • Democracy index 7.67
Population, Area & Driving side
  • Population 2000000
  • Area 78866
  • Driving side right

Phrasebook

Ola
Ahoj
mundo
Svět
Ola mundo
Ahoj světe
Grazas
Děkuji
Adeus
Ahoj
Si
Ano
Non
Ne
Como estás?
Jak se máte?
Ben, grazas
Dobře, děkuji
Canto custa?
Co to stojí?
Cero
Nula
Un
Jeden

Where can you sleep near República Checa ?

Booking.com
487.358 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 43 visits today.