Context of Navarra

Navarra (en éuscaro: Nafarroa, en castelán: Navarra), oficialmente Comunidade Foral de Navarra (en éuscaro: Nafarroako Foru Komunitatea, en castelán: Comunidad Foral de Navarra), é unha comunidade foral uniprovincial de España, ademais dunha das sete provincias (herrialdes) do histórico País Vasco. Situada no extremo norte da península Ibérica, limita ao norte co departamento dos Pireneos Atlánticos en Francia, ao leste coas provincias aragonesas de Huesca e Zaragoza, ao sur coa Rioxa e ao oeste coas provincias vascas de Guipúscoa e Áraba.

Está formada por 272 concellos, un deles, Petilla de Aragón, formado por dous exclaves na provincia de Zaragoza. Conta cunha poboación de 636 638 habitantes (2015), dos que aproximadamente un terzo vive na capital e cidade máis poboada, Pamplona (196.166 habitantes), e máis da metade na área metropolit...Ler máis

Navarra (en éuscaro: Nafarroa, en castelán: Navarra), oficialmente Comunidade Foral de Navarra (en éuscaro: Nafarroako Foru Komunitatea, en castelán: Comunidad Foral de Navarra), é unha comunidade foral uniprovincial de España, ademais dunha das sete provincias (herrialdes) do histórico País Vasco. Situada no extremo norte da península Ibérica, limita ao norte co departamento dos Pireneos Atlánticos en Francia, ao leste coas provincias aragonesas de Huesca e Zaragoza, ao sur coa Rioxa e ao oeste coas provincias vascas de Guipúscoa e Áraba.

Está formada por 272 concellos, un deles, Petilla de Aragón, formado por dous exclaves na provincia de Zaragoza. Conta cunha poboación de 636 638 habitantes (2015), dos que aproximadamente un terzo vive na capital e cidade máis poboada, Pamplona (196.166 habitantes), e máis da metade na área metropolitana da mesma (328.511 habitantes).

Navarra apareceu por vez primeira como entidade política propia no século IX coa formación do Reino de Pamplona que a finais do século X está xa consolidado como Reino de Navarra. Ademais do castelán, tamén o éuscaro é lingua oficial na zona vascófona e na zona mixta, territorios situados no norte da comunidade.

More about Navarra

Phrasebook

Ola
Kaixo
mundo
Mundua
Ola mundo
Kaixo Mundua
Grazas
Eskerrik asko
Adeus
Agur
Si
Bai
Non
Ez
Como estás?
Zelan zaude?
Ben, grazas
Ondo, eskerrik asko
Canto custa?
Zenbat da?
Cero
Zero
Un
Bat

Where can you sleep near Navarra ?

Booking.com
489.015 visits in total, 9.195 Points of interest, 404 Destinos, 61 visits today.