Context of Italia

Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI) escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.

No norte está flanqueado polo arco alpino onde limita, de leste a oeste, con Eslovenia, Austria, Suíza e Francia. O resto do territorio está circundado polos mares Lígur, Tirreno, Xónico e Adriático. Os pequenos estados da Cidade do Vaticano e San Marino son enclaves dentro do territorio italiano. Á súa vez Campione d'Italia é un concello italiano que forma un pequeno enclave ...Ler máis

Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI) escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.

No norte está flanqueado polo arco alpino onde limita, de leste a oeste, con Eslovenia, Austria, Suíza e Francia. O resto do territorio está circundado polos mares Lígur, Tirreno, Xónico e Adriático. Os pequenos estados da Cidade do Vaticano e San Marino son enclaves dentro do territorio italiano. Á súa vez Campione d'Italia é un concello italiano que forma un pequeno enclave en territorio suízo. A superficie total é de 301.340 km2, cunha poboación de 60,8 millóns de habitantes. A súa capital desde os tempos do Imperio romano é Roma, e foi durante séculos o centro político e cultural da civilización occidental

Ten sido o fogar de moitas culturas europeas coma a civilización de Nuraga, os etruscos, os gregos e os romanos. Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a Italia medieval foi invadida e sometida á dominación de pobos xermánicos coma os ostrogodos, os longobardos e os normandos. Isto non impediu que a Península, coa revitalización comercial das comunas medievais, chegara a se-lo berce do capitalismo. No século XV, coa difusión do Renacemento por toda Europa, convértese no centro cultural do mundo occidental; mais despois das guerras do século XVI cae baixo a soberanía de potencias estranxeiras, coma Francia, España e Austria. Durante o Risorgimento combate pola independencia e pola unidade, ata que en 1861 foi proclamado o Reino de Italia. A ditadura fascista, iniciada en 1922, rematou coa derrota na segunda guerra mundial e a guerra de liberación. En 1946, logo dun referendo institucional, o Estado italiano convértese nunha república parlamentaria regulada pola Constitución de 1948.

No 2014 Italia, oitava potencia económica mundial e cuarta europea, é un país cun elevado nivel de vida: o índice de desenvolvemento humano é moi alto, 0,872, e a esperanza de vida é de 82,4 anos. É membro fundador da Unión Europea, da OTAN, do Consello de Europa e da OCDE; adherido á ONU e ó tratado de Schengen. É ademais membro do G7, do G8 e do G20; participa no proxecto Nuclear Sharing da OTAN, é unha gran potencia rexional europea, capaz de exercer influencia política sobre opcións e decisións de orde extraeuropeo e internacional, e está en novena posición do mundo por gasto militar. En Roma teñen a súa sede numerosas organización internacionais coma a Organización para a Agricultura e a Alimentación, o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola, o Glocal Forum ou o Programa Mundial de Alimentos.

Italia posúe o maior número de sitios declarados patrimonio da Humanidade pola UNESCO. É o quinto país do mundo e terceiro da Unión Europea que máis turistas recibe por ano, sendo Roma a terceira cidade máis visitada. Outras cidades importantes son Milán, centro industrial e finaceiro, e, segundo o "Global Language Monitor", a capital da Moda; Turín, centro da industria automobilística e do deseño industrial, Boloña, coa universidade máis antiga do mundo; as cidades históricas de Venecia, Florencia e Nápoles etc.

More about Italia

Basic information
  • Currency Euro
  • Native name Italia
  • Calling code +39
  • Internet domain .it
  • Mains voltage 230V/50Hz
  • Democracy index 7.74
Population, Area & Driving side
  • Population 58850717
  • Area 302068
  • Driving side right

Phrasebook

Ola
Ciao
mundo
Mondo
Ola mundo
Ciao mondo
Grazas
Grazie
Adeus
Arrivederci
Si
Non
No
Como estás?
Come stai?
Ben, grazas
Bene grazie
Canto custa?
Quanto costa?
Cero
Zero
Un
Uno

Where can you sleep near Italia ?

Booking.com
489.316 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 143 visits today.