United States

Estados Unidos de América
Ken Lund from Las Vegas, Nevada, USA - CC BY-SA 2.0 Monster4711 - CC BY-SA 3.0 Tom Kredatus, Photographer - Public domain Jsfouche - CC BY-SA 3.0 Daniel Schwen - CC BY-SA 4.0 Jonathunder - GFDL 1.2 Tobias Haase from Hanover, Germany - CC BY 2.0 Enricokamasa - Public domain Serge Melki from Indianapolis, USA - CC BY 2.0 William Rosmus - CC BY-SA 3.0 Gustav Klimt - Public domain Mike Tigas from Columbia, MO, United States - CC BY 2.0 rachel_thecat - CC BY-SA 2.0 Angelina Suzuki - CC BY-SA 4.0 Jeff Kern - CC BY 2.0 Scott Catron - CC BY-SA 2.0 m01229 from USA - CC BY-SA 2.0 Steve Wilson - CC BY 2.0 Something Original (talk) - CC BY-SA 3.0 Palacemusic - CC BY-SA 3.0 Tom Rolfe from Bristol, England - CC BY-SA 2.0 Mobilus In Mobili - CC BY-SA 2.0 sanil - CC0 Mobilus In Mobili - CC BY-SA 2.0 rachel_thecat - CC BY-SA 2.0 HarshLight from San Jose, CA, USA - CC BY 2.0 Isidoro - CC BY-SA 4.0 John Fowler from Placitas, NM, USA - CC BY 2.0 Tristan Denyer20:57, 21 December 2005 - CC BY-SA 3.0 Bureau of Land Management - Public domain Ray Redstone - CC BY-SA 4.0 Jon Sullivan - Public domain Shalom - CC BY-SA 3.0 Marshallhenrie - CC BY-SA 4.0 LHOON from Mechelen, Belgium - CC BY-SA 2.0 AppalachianCentrist - CC BY-SA 4.0 National Park Service - Public domain Pavel Špindler - CC BY 3.0 Dave Bunnell - CC BY-SA 4.0 Dave Bunnell - CC BY-SA 4.0 a4gpa auf flickr.com - CC BY-SA 2.0 Molliewobbles - CC BY-SA 4.0 rachel_thecat - CC BY-SA 2.0 Laban712 on en - Public domain Arashnikkhah - CC BY-SA 3.0 upload by Adrian Michael - CC BY-SA 3.0 Michael Vadon - CC BY 2.0 Saxena ashes - CC BY-SA 4.0 Alexey Potov - CC BY 2.5 Tristan Denyer20:57, 21 December 2005 - CC BY-SA 3.0 Rauglothgor - CC BY-SA 4.0 No images

Context of Estados Unidos de América

Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico. O país tamén posúe cinco territorios poboados e nove non poboados no Pacífico e no Caribe. Con 9,85 millóns de km2 e 318 millóns de persoas, os Estados Unidos son o terceiro ou cuarto meirande país por área total e o terceiro país por poboación. É un dos países máis multiculturais e diversos etnicamente do mundo, debido á inmigración de moitos países. A xeografía e o clima son moi diversos, e o país é tamén o fogar dunha variad...Ler máis

Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico. O país tamén posúe cinco territorios poboados e nove non poboados no Pacífico e no Caribe. Con 9,85 millóns de km2 e 318 millóns de persoas, os Estados Unidos son o terceiro ou cuarto meirande país por área total e o terceiro país por poboación. É un dos países máis multiculturais e diversos etnicamente do mundo, debido á inmigración de moitos países. A xeografía e o clima son moi diversos, e o país é tamén o fogar dunha variada vida salvaxe.

Os paleoindios migraron dende Eurasia ata os actuais Estados Unidos hai 15 000 anos, e a colonización europea comezou no século XVI. Os Estados Unidos xurdiron das Trece Colonias Británicas localizadas na Costa Atlántica. As disputas entre o Reino de Gran Bretaña e as colonias levaron á Revolución Americana. O 4 de xullo de 1776, mentres as colonias estaban a loitar contra Gran Bretaña na guerra de independencia, os delegados das 13 colonias asinaron a Declaración de Independencia. A guerra rematou en 1783 co recoñecemento da independencia dos Estados Unidos dende o Reino de Gran Bretaña, e foi a primeira guerra de independencia con éxito contra un imperio colonial europeo. A actual Constitución foi adoptada o 17 de setembro de 1787. As primeiras dez emendas, chamadas colectivamente Declaración de Dereitos, foron ratificadas en 1791 e deseñadas para garantir os dereitos e liberdades civís fundamentais.

De acordo coa doutrina do destino manifesto, os Estados Unidos embarcáronse nunha grande expansión en Norteamérica ó longo do século XIX. Isto supuxo o desprazamento das tribos nativas, adquisicións de novos territorios e a admisión gradual de novos estados. Durante a segunda metade do século XIX, a guerra civil estadounidense acabou coa escravitude legal no país. No final dese século, os Estados Unidos estendéronse ata o Océano Pacífico, e a súa economía comezou a evolucionar. A guerra hispano-estadounidense e a primeira guerra mundial confirmaron o status do país como potencia militar. Os Estados Unidos emerxeron da segunda guerra mundial como superpotencia mundial ó ser o primeiro país en desenvolver armas nucleares, o único en usalas en guerra, e como membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. A fin da guerra fría e a disolución da Unión Soviética permitiron que os Estados Unidos ficasen como a única superpotencia.

Os Estados Unidos son un país desenvolvido e a meirande economía do mundo. A economía aliméntase da abundancia de recursos naturais e a produtividade da man de obra. Mentres a economía estadounidense está considerada como post-industrial, continúa a ser un dos manufactureiros máis importantes do mundo. O 37% dos orzamentos do país corresponden a gasto militar, sendo a primeira potencia económica e militar, unha gran forza cultural e política, e o líder en investigación científica e innovación tecnolóxica.

More about Estados Unidos de América

Basic information
  • Currency Dólar estadounidense
  • Native name United States
  • Calling code +1
  • Internet domain .us
  • Mains voltage 120V/60Hz
  • Democracy index 7.92
Population, Area & Driving side
  • Population 331449281
  • Area 9826675
  • Driving side right

Phrasebook

Ola
Hello
mundo
World
Ola mundo
Hello world
Grazas
Thank you
Adeus
Goodbye
Si
Yes
Non
No
Como estás?
How are you?
Ben, grazas
Fine, thank you
Canto custa?
How much is it?
Cero
Zero
Un
One

Where can you sleep near Estados Unidos de América ?

Booking.com
489.992 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 41 visits today.