Context of Corea do Sur

Corea do Sur, oficialmente República de Corea (coreano: Daehan Minguk listen (Hangul: 대한 민국; Hanja: 大韓民國), é un país asiático que ocupa a metade sur da Península de Corea. O nome Corea deriva do Reino de Goryeo, tamén pronunciado Koryŏ. Comparte fronteira terrestre con Corea do Norte, e a través de mar, con Xapón polo leste e con China polo oeste. Case a metade da poboación reside na área metropolitana da capital, Seúl, que é a segunda maior do mundo, con máis de 25 millóns de habitantes.

Corea estivo habitada dende o período do paleolítico inferior e a súa civilización comezou coa fundación do Gojoseon. Despois da unificación dos Tres reinos de Corea en 668, seguiu un milenio de relativa tranquilidade baixo dinastías que duraron séculos, e por un florecemento do comercio, a cultura, a literatura e a ciencia. Foi anexionada polo Imperio do Xapón en 1910, e despois da súa derrota en 1945, Corea foi dividid...Ler máis

Corea do Sur, oficialmente República de Corea (coreano: Daehan Minguk listen (Hangul: 대한 민국; Hanja: 大韓民國), é un país asiático que ocupa a metade sur da Península de Corea. O nome Corea deriva do Reino de Goryeo, tamén pronunciado Koryŏ. Comparte fronteira terrestre con Corea do Norte, e a través de mar, con Xapón polo leste e con China polo oeste. Case a metade da poboación reside na área metropolitana da capital, Seúl, que é a segunda maior do mundo, con máis de 25 millóns de habitantes.

Corea estivo habitada dende o período do paleolítico inferior e a súa civilización comezou coa fundación do Gojoseon. Despois da unificación dos Tres reinos de Corea en 668, seguiu un milenio de relativa tranquilidade baixo dinastías que duraron séculos, e por un florecemento do comercio, a cultura, a literatura e a ciencia. Foi anexionada polo Imperio do Xapón en 1910, e despois da súa derrota en 1945, Corea foi dividida nas zonas de ocupación da Unión Soviética e os Estados Unidos, converténdose a última na República de Corea en 1948. Malia que as Nacións Unidas declararon nunha resolución que a República era o único goberno lexítimo de Corea,[Cómpre referencia] un réxime comunista estableceuse no Norte, que invadiu o Sur en 1950 e comportou á Guerra de Corea, que rematou de facto en 1953.

Entre 1962 e 1994, o tigre económico de Corea do Sur medrou un 10% anual, alimentado por un crecemento anual das exportacións do 20%, nun período chamado Milagre do Río Han que transformou o país nunha economía avanzada e de altos ingresos e na onceava maior do mundo en 1995. Na actualidade,[cando?] Corea do Sur é o oitavo país en comercio internacional, unha potencia rexional co décimo maior gasto en defensa militar e membro fundador do G20 e da Cooperación Económica Asia-Pacífico. Dende a caída do goberno militar en 1987, os surcoreanos gozan de amplas liberdades civís e dunha asentada democracia clasificada no segundo posto en Asia segundo o Índice de democracia. No 2009, Corea do Sur converteuse no primeiro país do mundo antigo receptor de axuda exterior en unirse ó Comité de Axuda ó Desenvolvemento da OCDE, sendo un dos grandes doantes. A súa cultura popular ten unha considerable influencia en Asia e está a estenderse globalmente nun proceso chamado a Onda coreana.

Corea do Sur é un país desenvolvido, clasificado no posto 15 no Índice de Desenvolvemento Humano, o máis alto de Asia oriental. En termos de salario medio, ten a taxa máis alta de Asia e a décima do mundo. Posúe indicadores altos en educación, saúde, xustiza e goberno, facilidade de crear negocios, transparencia do goberno, seguridade no traballo, tolerancia e inclusión. O 64% dos surcoreanos entre 25 e 34 anos ten un título de educación terciaria, o máis alto da OCDE. Destina o 3,74% do seu PIB en investigación e desenvolvemento, o segundo máis alto do mundo. O país máis innovador do mundo segundo Bloomberg Innovation Quotient, é o sétimo exportador mundial, con multinacionais de alta como Samsung, Hyundai-Kia e LG. É o líder global de tecnoloxías avanzadas, coa máis alta velocidade de conexión a internet, no primeiro posto do Índice ICT de desenvolvemento, e-Government e penetración de 4G LTE, e o segundo con maior penetración do teléfono intelixente.

Phrasebook

Ola
안녕하십니까
mundo
세계
Ola mundo
안녕하세요 세계
Grazas
고맙습니다
Adeus
안녕
Si
Non
아니
Como estás?
잘 지내고 있나요?
Ben, grazas
좋아, 고마워
Canto custa?
얼마예요?
Cero
Un
하나

Where can you sleep near Corea do Sur ?

Booking.com
487.349 visits in total, 9.186 Points of interest, 404 Destinos, 34 visits today.