Comunidade Valenciana

Context of Comunidade Valenciana

A Comunidade Valenciana (en valenciano: Comunitat Valenciana, en castelán: Comunidad Valenciana), tamén coñecida como País Valenciano (en valenciano: País Valencià, en castelán: País Valenciano), é unha comunidade autónoma na costa mediterránea de España, recoñecida como nacionalidade no seu Estatuto de Autonomía. É así pois un país ou rexión de Europa situado ó leste da Península Ibérica, que popularmente se denomina moitas veces simplemente Valencia.

Esténdese entre o río Sénia en Vinaròs até Pilar de la Horadada, máis aló da desembocadura do río Segura, cunha delimitación terrestre de 834 km de lonxitude, e 644 km de lonxitude de costa. Ademais, as illas mediterráneas de Nova Tabarca e das Columbretes, son tamén de administración valenciana. A súa posición xeográfica é 40º 47' ó extremo norte, 37º 51' ó extremo sur, 0º 31' E ó extremo oriental, e 1º 31' W ó extremo occidental.

As súas orixes remóntanse no histórico Reino de ...Ler máis

As súas orixes remóntanse no histórico Reino de Valencia creado no século XIII como causa da colonización feudal de aragoneses, fundamentalmente e por esta orde, dos reinos de taifas islámicos de Valencia, Dénia, e parte de Murcia. Tras o desmantelamento do Reino en 1707 polos Decretos de Nova Planta do rei Filipe V e dos frustrados intentos de conseguir o autogoberno durante finais do século XIX e comezos do XX, en 1982 finalmente acádao cun Estatuto de Autonomía, que foi reformado en 2006.

Administrativamente limita ó oeste con Castela-A Mancha e Aragón, ó sur con Murcia e ó norte con Cataluña. Ten máis de 4,8 millóns de habitantes, aínda que a cifra é moi superior se contabilizamos os habitantes de segunda residencia doutros países de Europa e os inmigrantes non censados. Así, as cidades con máis de 100.000 hab. son Valencia (807.200 hab.), Alacant (331.750 hab.), Elx (228.348 hab.), Castelló de la Plana (177.924 hab.) e Torrevieja (101.381 hab.).

More about Comunidade Valenciana

Mapa