Context of Bangladesh

Bangladesh ou Bangladés (en bengalí: বাংলাদেশ), formalmente República Popular de Bangladesh (en bengalí: গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ Gônôprôjatôntri Bangladesh) é un estado da Asia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes. Fai fronteira coa República da India polo norte, oeste e leste, con Myanmar polo sueste e co Golfo de Bengala polo sur. Está separado do Nepal e de Bután polo territorio indio coñecido como Corredor de Siliguri. Xunto co estado indio de Bengala Occidental, forma parte da rexión etno-lingüística de Bengala. O nome de Bangladesh significa "País de Bengala" en lingua bengalí.

As fronteiras da moderna Bangladesh foron delimitadas durante a Partición de Bengala e a India británica en 1947, cando a rexión se converteu nunha rexión do estado de Paquistán. Debido á exclusión política, á discriminación étnica e lingüística, á dominación económica polo estado de Paquistán e a unha combinación de axitacións...Ler máis

Bangladesh ou Bangladés (en bengalí: বাংলাদেশ), formalmente República Popular de Bangladesh (en bengalí: গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ Gônôprôjatôntri Bangladesh) é un estado da Asia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes. Fai fronteira coa República da India polo norte, oeste e leste, con Myanmar polo sueste e co Golfo de Bengala polo sur. Está separado do Nepal e de Bután polo territorio indio coñecido como Corredor de Siliguri. Xunto co estado indio de Bengala Occidental, forma parte da rexión etno-lingüística de Bengala. O nome de Bangladesh significa "País de Bengala" en lingua bengalí.

As fronteiras da moderna Bangladesh foron delimitadas durante a Partición de Bengala e a India británica en 1947, cando a rexión se converteu nunha rexión do estado de Paquistán. Debido á exclusión política, á discriminación étnica e lingüística, á dominación económica polo estado de Paquistán e a unha combinación de axitacións populares, o nacionalismo e a desobediencia civil conduciron á Guerra de Liberación de Bangladesh en 1971, que resultou na separación e independencia mediante a formación do estado de Bangladesh. Despois da independencia, o novo estado proclamou unha democracia multipartidista secular. O país enfrontouse dende entón á pobreza, á fame, á inestabilidade política e a numerosos golpes militares. A restauración da democracia en 1991 foi seguida dun relativo período de calma e progreso económico.

Bangladesh é unha república parlamentaria cun parlamento electo chamado Jatiyo Sangshad. Cunha poboación de máis de 160 millóns de persoas nun territorio de 147 570 km2, Bangladesh é o oitavo país do mundo máis poboado, así como o estado máis densamente poboado do planeta. Os bengalís son o grupo étnico maioritario do país, mentres que pobos indíxenas dos distritos do norte e do sueste son unha minoría diversa e significativa. A rexión do delta de Bengala ten un rico patrimonio cultural. As catro meirandes relixións do país son o islam (89%), o hinduísmo (9%), o budismo (1%) e o cristianismo (0.5%).

Bangladesh é considerada unha economía dos próximos once. De acordo coas Nacións Unidas no 2010, o país fixo a comezos do século XXI grandes esforzos de desenvolvemento humano, incluíndo significativos progresos nas áreas de igualdade de xénero, educación primaria universal, apoio á muller, redución do crecemento da poboación, produción de comida, saúde e enerxías renovables. A porcentaxe de pobreza diminuíu considerablemente dende a independencia, e a renda per cápita duplicouse dende os valores de 1975. As grandes cidades como Dacca e Chittagong foron as principais responsables do recente crecemento. Porén, o país continúa enfrontándose a numerosos problemas sociais e políticos, como a corrupción burocrática e política, a pobreza, a inestabilidade política, a superpoboación e a vulnerabilidade ó cambio climático.

Bangladesh é un pioneiro e membro fundador de ASACR. É o maior contribuidor do mundo das Forzas da paz das Nacións Unidas. É membro do D-8, do BIMSTEC e da Commonwealth, da Organización da Conferencia Islámica, do Movemento de Países Non Aliñados e do G-77.

More about Bangladesh

Basic information
  • Calling code +880
  • Internet domain .bd
  • Mains voltage 220V/50Hz
  • Democracy index 5.99
Population, Area & Driving side
  • Population 169356251
  • Area 147570
  • Driving side left

Where can you sleep near Bangladesh ?

Booking.com
489.313 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 140 visits today.