Xohanesburgo

Xohanesburgo (en afrikaans e inglés Johannesburg) é a cidade máis importante da República Surafricana aínda que non sexa sede de representación política algunha, é o verdadeiro corazón financeiro, industrial e comercial do país, sendo a súa cidade máis grande e poboada, a cuarta maior do continente africano, tralo Cairo, Lagos e Kinshasa.

Historia
Artigo principal: Historia de Xohanesburgo.
Prehistoria

A rexión que abrangue a cidade de Xohanesburgo é habitada hai millóns de anos. Nas cavernas de Sterkfontein, ao noroeste, foi encontrado un esqueleto completo dun homínido de 3,3 millóns de anos de idade, ademais doutros 700 espécimes de Australopithecus africanus, de entre eles Mrs Ples, que ten entre 2,8 e 2,3 millóns de anos.

Hai cerca de 100 mil anos, a rexión de Xohanesburgo achábase habitada por nómades.

En 1060 a.C., os pobos coñecidos como bantús migraron á rexión. Os bantús eran un pobo da Idade de Ferro que domesticaba animais, cultivaba a terra, traballaba o metal, confeccionaba potes de cerámica e vivía en vilas organizadas.

Colonización

Os primeiros europeos que chegaron á área foi un pequeno grupo de bóers que estabeleceron plantacións. Até a década de 1880 ningún asentamento fora estabelecido. Cando se encontrou ouro en 1886, houbo un cambio. O ouro foi inicialmente encontrado ao leste da actual Xohanesburgo, en Barberton. Logo descubriríase un depósito aínda máis rico en Witwatersrand.

A cidade creceu como un pequeno asentamento de mineiros, mais ían chegan millares de persoas doutras rexión estabelecéndose na área, vindas principalmente de América do Norte, Reino Unido e do resto de Europa. Coa supervalorización das terras, as tensións creceron entre os africáners, que controlaban a rexión durante o século XIX, e os británicos, culminando na Segunda Guerra dos Bóer, conseguiron o control da área.

Apartheid
Artigo principal: Apartheid.

Coa Unión Surafricana declarada en 1910, o goberno pasou a controlar máis as áreas de extracción. Foi instituído un sistema racial no que negros e indianos serían pesadamente taxados e barrados na contratación de traballos non-brazais.

O goberno tamén instituíu a mudanza forzada das poboacións non-europeas para áreas delimitadas. Foi neste sistema que foi creada a Township de South Western Townships, máis coñecida como Soweto, onde Nelson Mandela viviu varios anos.

Despois de 1990

As regras do apartheid foron abolidas en febreiro de 1990, e desde as eleccións de 1994, Xohanesburgo viuse libre das leis discriminatorias. A township negra foi integrada ao sistema de goberno municipal. A pesar diso, hai unha migración das zonas meridionais e do centro cara ó norte, por ser unha zona máis segura.

Photographies by:
Statistics: Position
2244
Statistics: Rank
55134

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
567283149Click/tap this sequence: 1531

Google street view

Where can you sleep near Xohanesburgo ?

Booking.com
489.447 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 85 visits today.