Whisky escocés

O whisky escocés (a miúdo denominado simplemente como "Scotch") é un whisky de malte ou whisky de gran feito en Escocia. Todos os whisky escoceses fíxeronse orixinalmente de malte ou cebada. As destilerías de whisky comerciais comezaron a introducir trigo e centeo a partir de finais do século XVIII.

O whisky escocés divídese en cinco categorías distintas: single malt Scotch whisky, single grain Scotch whisky, blended malt Scotch whisky (anteriormente chamado "vatted malt" ou "pure malt"), blended grain Scotch whisky, e blended Scotch whisky.

Todos os whiskies escoceses deben ser envellecidos en barricas de carballo durante polo menos tres anos. Calquera declaración idade nunha botella de whisky escocés, expresada en termos numéricos, debe reflectir a idade do whisky máis novo utilizado para producir ese produto. Un whisky cunha declaración de idade é garantía da idade do whisky.

A primeira mención escrita sobre o whisky escocés atópase no Exchequer Rolls of Scotland, 1495. Un frade chamado John Cor foi o destilador en Lindores Abbey no Reino de Fife .

Destinos