Templo de las Inscripciones (Palenque)

( Templo das Inscricións )

B'olon Yej Cheʼ Naah (Pronuncia en maia: [ɓolon jex cheʔ naːh]) “Casa das Nove Lanzas Afiadas” ou Templo I é a edificación máis alta e de máis importancia da antiga cidade de Lakam Ha, capital do reino de B'aakal pertencente á cultura maia durante o período clásico tardío, situada actualmente no estado mexicano de Chiapas, preto do río Usumacinta. Foi construído, baixo o reinado de K'inich Janaab' Pakal, "Escudo Ave-Hanab de Rostro Solar" tamén chamado Pakal ou Pakal o Grande (603 - 683) ajaw ou gobernante de Palenque, concibido unicamente para glorificar ó mandatario en vida e albergar o seu corpo cando morrese. Dentro de Palenque, o Templo das Inscricións está localizado nunha área coñecida como a Gran Praza nun cerro con pendente natural e sitúase nun ángulo recto co sueste do Palacio.

Historia

O Templo das Inscricións foi rematado pouco despois do ano 683. A construción foi iniciada polo mesmo Pakal, aínda que o seu fillo, K'inich Kan Bahlam II completou a estrutura e a súa decoración final.

O Templo das Inscricións foi significativo no estudo dos antigos maias, debido á extraordinaria mostra de textos xeroglíficos e os relevos de estuco nos alicerces do edificio, que foron estudados e investigados durante douscentos anos, a pesar disto no ano de 1949, o arqueólogo mexicano Alberto Ruz Lhullier, removeu unha laxa de pedra do chan do templo revelando unha escaleira interior dividida en dous tramos chea de cascallos. Tres anos máis tarde cando se despexou a escaleira descubriuse que conducía á tumba de Pakal. A entrada á cripta atópase a 1,50 metros debaixo do nivel do chan.

Photographies by:
Statistics: Position
2922
Statistics: Rank
41861

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
317258496Click/tap this sequence: 5129

Google street view

Where can you sleep near Templo das Inscricións ?

Booking.com
487.355 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 40 visits today.