500米口径球面射电望远镜

( Telescopio esférico de cincocentos metros de apertura )

O Telescopio esférico de cincocentos metros de apertura (en inglés Five-hundred-meter Aperture Spherical radio Telescope ou FAST; en chinés: 五百米口径球面射电望远镜) ou Tianyan (en chinés: 天眼) é un radiotelescopio que comezou a funcionar en xaneiro de 2020 nunha conca natural de Da Wo Dang (en chinés: 五百米口径球面射电望远镜 大窝凼洼地), no Condado de Pingtang, provincia Guizhou, no suroeste da China.

Historia

Planificado no 2001, a construción do proxecto FAST comezou en 2011 e en probas dende setembro de 2016. Con 500 m de diámetro é o segundo radiotelescopio máis grande do mundo despois do ruso RATAN-600, o cal ten unha apertura de baixa densidade de enchido.[1][2] Por esa característica, o FAST considérase o máis grande do mundo, superior ó de Arecibo, que deixou de funcionar en 2020.[3] Custou 700 millóns de iuans[4] (arrededor de 110 millóns de dólares). Asegúrase que pode escanear dobre cantidade de ceo que o de Arecibo, multiplicando por catro a súa sensibilidade. Consta de 4450 paneis.

Para evitar interferencias foron desaloxadas unhas 10 000 persoas dos seus arredores.

New Scientist, ed. (8 de xuño de 2011). "China starts building world’s biggest radio telescope". Consultado o 19 de outubro de 2015.  Nan, Rendong. "Project FAST — Five hundred meter" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de decembro de 2015. Consultado o 19 de outubro de 2015.  Rus, Cristian (2020-06-02). "China en busca de vida extraterrestre: el gigantesco telescopio FAST buscará señales a partir de septiembre". Xataka (en castelán). Consultado o 2020-11-22.  Darren Quick (16 de xuño de 2011). gizmag, ed. "China building world's biggest radio telescope". Consultado o 13 de agosto de 2012. 
Photographies by:
Absolute Cosmos - CC BY 3.0
Statistics: Position
5193
Statistics: Rank
18378

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
386927415Click/tap this sequence: 5354
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Videos

Where can you sleep near Telescopio esférico de cincocentos metros de apertura ?

Booking.com
491.585 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 57 visits today.