Stupa

Unha stupa (en sánscrito: m. स्तूप, stūpa, tibetano: མཆོད་རྟེན་, chörten, pali: थुप, thupa) é unha construción monumental budista ou típica do xainismo, que se pode atopar no subcontinente indio, onde é orixinaria, pero tamén noutros lugares da Asia onde o budismo se expandiu, como o Nepal, o Tíbet e Indochina. Destinado a gardar as reliquias de Buda (Śarīra), é un lugar de meditación para lembrar os seus feitos memorables, e pode ser unha representación do Buda e un monumento en conmemoración da súa morte ou parinirvana.

Destinos