Sitios palafíticos prehistóricos dos Alpes

Os sitios palafíticos prehistóricos da contorna dos Alpes son unha serie de asentamentos de palafitas prehistóricas darredor dos Alpes, así como tamén dentro deles, construídos entre o 5000 e o 500 a.C. nos bordos de lagos, ríos ou zonas húmidas. En total son uns 111 sitios, distribuídos do seguinte xeito: 5 en Austria, 11 en Francia, 18 na Alemaña, 19 en Italia, 2 en Eslovenia, e 56 en Suíza; nomeados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade en 2011. En Eslovenia, este é o primeiro ben cultural con tal categoría.

As escavacións levadas a cabo nalgúns dos sitios evidenciaron o estilo de vida nos tempos prehistóricos do Neolítico e a Idade de Bronce nos Alpes de Europa, e a forma na que as comunidades interactuaban coa súa contorna. Tal e como se declarou no nomeamento, os asentamentos son un grupo único de sitios arqueolóxicos excepcionalmente ben conservado e cunha gran riqueza cultural, que constitúen unha das fontes máis importantes para o estudo das primeiras sociedades agrarias da rexión.

Destinos