三味線 ( Shamisen )
O shamisen ou samisen (三味線, literalmente "tres cordas"), tamén chamado sangen (三絃, tamén "tres cordas"), é un instrumento tradicional xaponés tocado cun plectrum chamado bachi. A pronunciación en xaponés é "shamisen", pero ás veces é "jamisen" cando é sufixo (por exemplo: Tsugaru-jamisen). No oeste do Xapón e nas fontes do período Edo chámaselle "samisen."